Proxecto EDA

Experimentación didáctica na aula

 

 

EDA é un proxecto que pretende axudar os profesores e profesoras a incorporar as TIC á súa actividade na aula, detectar as vantaxes e inconvenientes de utilizar estas novas tecnoloxías e atopar novos enfoques didácticos de ensinanza e aprendizaxe. Aínda que inicialmente comezou só para matemáticas, EDA estendeuse nos últimos anos a outras áreas, niveis así como a outros proxectos máis amplos.

No curso 2009-10 celébrase un gran EDA en convenio con seis comunidades autónomas: Andalucía, Aragón, Baleares, Canarias, Cataluña e Galicia cun total de 237 profesores e profesoras participantes das áreas de matemáticas, inglés e física.
A partir dese curso amplíase a experimentación a novos proxectos, algúns multidisciplinares, como son:
• Experimentación en ciclos formativos cos simuladores para FP elaborados polo  INTEF.
• Experimentación con xeoxebra a través do creado Proxecto Gauss.
• Participación no proxecto piloto ACER-EUN para o uso do ultraportátil na clase, proxecto en que participan 40 aulas de 14 centros españois xunto a outros cinco países europeos e no que cada alumno dispón dun ordenador co que poderá traballar seguindo o modelo pedagóxico 1:1.
• Participación no  proxecto piloto ACER-EUN para o uso das tabletas na clase. Este proxecto nace como continuación do anterior no que participan 3 aulas de centros españois, xunto cos outros oito países europeos.
• Uso na clase do bolígrafo dixital Papershow para avaliar as súas posibles aplicacións no ensino.

Na actualidade o profesorado pode participar en EDA a través da oferta formativa do Instituto Nacional de Tecnologías Educativas, que oferta os cursos de CCSS e Web 2.0 na Aula, Ciencias Naturais e Bioloxía con Biosfera na Aula e TIC 2.0: Aplicación na Aula.

 

http://www.ite.educacion.es/

http://recursostic.educacion.es/eda/web/

 

 

Sección: