Olladas

Título: Olladas
Autora: Adelaida Vidal
Editorial: Sotelo Blanco
Ano: 2012
Páxinas: 202

Contido:

Os protagonistas desta novela coral tentan dar resposta ás contradicións e teimas da nova xeración de mozos e mozas do século XXI que andan na busca do seu lugar no mundo, outorgándolle un sentido ao deambular desatinado dos seus protagonistas: unha pintora disposta a ser vista por quen non mira nun remuíño de emocións coas que tenta comprender o mundo, un escritor que precisa atención exclusiva para existir, unha directora de videoclips que logra ser o centro das miradas e un rapaz anónimo que necesita o amor baixo a forma de tacto.
Olladas fálanos da súa relación individual e colectiva co mundo, dos procesos de interioridade e exterioridade revelados simultaneamente, das viaxes como espazos de permanente descubrimento, da obstinación como actitude vital, temáticas coas que Adelaida Vidal vén explicar o que queda á fin como pouso da vida.
Escrita con pulso narrativo firme, a novela aposta por unha linguaxe innovadora e sensitiva, que a fixo merecedora do Premio Risco de Creación Literaria 2011.

Sección: