Tastarabás
Título: Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais
Autor: Antón Cortizas
Editorial: Xerais
Ano de edición: 2013
Páxinas: 1080
Contido:
Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza amósanos un extenso catálogo de brinquedos e enredos que forman parte da nosa tradicional cultura lúdica. Máis de 2.500 fotografías acompañan os arredor de 1.000 brinquedos, enredos e mesmo brincadeiras efémeras que compoñen o volume. Todos van descritos de forma pormenorizada e completados con informacións sobre o seu uso, a dificultade de construción, as súas variantes, os lugares de recolla das informacións, anécdotas dos informantes relativas aos xoguetes descritos e tamén textos literarios.
Velaquí un libro de divulgación que compila nun só volume a meirande parte dos xoguetes tradicionais que formaron e forman parte da nosa cultura, clasificados en brinquedos do mundo animal, vexetal e inanimado, brinquedos de enxeño e habilidade, bonecas, brinquedos de desprazamento e transporte, arsenal infantil, brinquedos sonoros e xoguetes ou elementos para xogos regrados, entre outros.