Casa de arena y niebla

Título: Casa de arena y niebla
Ano: 2003
Nacionalidade: USA
Xénero: drama social
Duración: 126 minutos
Título orixinal: House of sand and fog
Dirección: Vadim Perelman
Guión: Vadim Perelman, Shawn Lawrence Otto
Música: James Horner

Sinopse:

Dúas persoas entran en conflito a causa da propiedade dunha casa no norte de California. Para Kathy Nicolo non só é a casa da súa infancia, é tamén a última esperanza que lle queda para reintegrarse a unha vida que case perde pola súa adicción ás drogas. Cando recibe unha orde de desafiuzamento por non pagamento de impostos, queda na rúa e non pode impedir que a casa sexa vendida a un prezo irrisorio.

Para o novo propietario, Massoud Amir Behrani, a casa é a plasmación do soño americano que leva perseguindo desde que saíu de Irán con toda a súa familia. Antigo coronel das forzas aéreas iranianas, Behrani viuse obrigado a traballar en empregos moi modestos para poder manter as aparencias. Agora investiu ata o último céntimo na compra da casa que, por fin, lle devolverá á súa familia a súa antiga prosperidade. A medida que a batalla entre ambos vai recruando, Kathy encontra un inesperado aliado no axudante do sheriff, Lester Burdon, que se converte nun perigoso devoto da súa causa. No medio do furacán quedan atrapados a esposa de Behrani, Nadi, e o seu fillo Esmail.

Sección: