O soño de Matías

Título: O soño de Matías
Autor/a: Leo Lionni
Editorial: Kalandraka
Ano: 2012
Páxinas: 32

Contido:

A arte é todo para Matías. A súa primeira visita a un museo cámbialle a vida e ábrelle as portas a un  mundo de formas e cores para plasmar os seus soños sobre lenzos.

A través dunha historia cercana e chea de fantasía, e cunhas ilustracións descritivas dunha enorme riqueza cromática, Leo Lionni achéganos a algúns estilos artísticos, dende o clasicismo dos retratos históricos e dos bodegóns, ata vangardas pictóricas como o impresionismo, o cubismo ou o surrealismo.

“O soño de Matías”, galardoado co Premio Children’s Choice IRA-CBC (International Reading Association - Children`s Book Council) é un álbum para iniciar ao público infantil na educación estética e na interpretación das formas e das cores.

Sección: