
Antroponimizando
Título: Antroponimizando
Autor: Xulia Marqués Valea
Editorial: Galebook
Ano de edición: 2012
Páxinas: Recurso dixital
Contido:
Esta proposta inclúe máis de 40 actividades distribuídas en dúas seccións, unha destinada aos nomes de persoa e outra específica para os apelidos (O que dan de si os apelidos).
O repertorio de actividades de aprendizaxe inclúe emparellamentos, sopas de letras, escollas de resposta correcta, preguntas tipo test, de investigación ou V/F, entre outras.
As actividades preséntanse de xeito autónomo, aínda que organizadas secuencialmente, son de doada accesibilidade e levan consigo a posibilidade de avaliación.
Antroponimizando preséntase en formato CD e está preparado para abrir cos navegadores: chrome, mozilla firefox e internet explorer. Tamén se ofrece en formato scorm para unha posible inclusión nunha plataforma moodle.
Número:
Sección: