![](http://www.edu.xunta.gal/eduga/sites/site.eduga/files/mediateca_23.jpg)
En busca del sentido de la educación
Título: En busca del sentido de la educación
Autor: José Gimeno Sacristán
Editorial: Morata
Ano de edición: 2013
Páxinas: 272
Contido:
O título En busca del sentido de la educación, alude de modo directo á preocupación do autor pola perda das referencias que viñan alimentando a esperanza no valor da educación como unha ferramenta de progreso das persoas e da sociedade.
As razóns que lle deron sentido á universalización do sistema educativo, actualizadas, seguen sendo referentes válidos para reavivar a esperanza en que a educación nos faga máis cultos, máis capaces, máis críticos, máis autónomos, mellores cidadáns, máis sensibles ante a inxustiza, máis resistentes ante a manipulación, porque, sinxelamente, todo iso son derivacións do dereito á educación
Non se trata de reivindicar a vilipendiada educación ao servizo do alumno ou da alumna, senón de procurar desenvolvela para cumprir este dereito.
A revisión da cultura que se imparte nos establecementos escolares é un reto que debemos emprender con urxencia, temos que atender máis á aprendizaxe desa cultura renovada, restando peso ás avaliacións de todo tipo como recurso de mellora da calidade do ensino.