Diálogo creativo
Título: Diálogo creativo. Hablar para pensar en el aula
Autor: Robert Fisher
Editorial: Morata
Ano de edición: 2013
Páxinas: 280
Contido:
A educación e a capacidade das nenas e dos nenos de establecer relacións cos outros apóianse no diálogo. A través deste, as persoas desenvolven a consciencia, aprenden a controlar os seus procesos mentais internos e constrúen as ferramentas conceptuais para pensar. Constitúe o fundamento do desenvolvemento da intelixencia social, así como do éxito nas aprendizaxes e na vida.
Diálogo creativo é unha guía esencial para a aprendizaxe dialóxica, en que se expoñen os seus principios así como as razóns polas que as rapazas e os rapaces necesitan dialogar, os distintos tipos de diálogo e as características especiais do diálogo creativo. O autor presenta procedementos moi prácticos para aprenderlle ao alumnado a ser máis reflexivo e creativo, para aprender de maneira máis eficaz falando e escoitando, tanto nas institucións escolares como no fogar.
Nesta obra atopará:
- Técnicas para desenvolver a aprendizaxe dialóxica nas aulas
- Unha guía para provocar debates estimulantes para pensar a través do currículo
- Máis de 100 actividades para xerar discusións e diálogos estimulantes con nenos de todas as idades e capacidades
- Consellos sobre o uso do diálogo creativo para favorecer a avaliación continua das aprendizaxes
- Ideas para desenvolver as destrezas de escoita e a concentración