![](http://www.edu.xunta.gal/eduga/sites/site.eduga/files/mediateca_30.jpg)
La inteligencia ejecutiva
Título: La inteligencia ejecutiva
Autor: José Antonio Marina
Editorial: Ariel (Colección Biblioteca UP)
Ano: 2012
Páxinas: 192
Contido:
A intelixencia executiva encárgase de dirixir todas as capacidades humanas. Nela reside a nosa grandeza e a nosa esperanza. A función principal da intelixencia humana é dirixir ben o comportamento. Non abonda con almacenar coñecementos, non abonda con desenvolver a intelixencia emocional. Que o esquecésemos é a causa de graves problemas persoais, educativos e sociais. A intelixencia executiva encargarase de facer proxectos, tomar decisións, utilizar os coñecementos, xestionar as emocións, manter o esforzo, aprazar a recompensa, realizar metas a longo prazo. Nela ten a súa orixe a liberdade humana.
Esa intelixencia non é innata, o neno ten que aprendela. Axudarlle a que o consiga debe ser o grande obxectivo educativo inmediato.
Cada capítulo desta obra está constituído, metodoloxicamente, en tres partes: unha primeira parte na que se expón un tema; a asistencia a un congreso virtual sobre intelixencia executiva en segundo lugar e, por último, a participación en obradoiros sobre a educación das súas funcións e a solución dos seus trastornos.
“Esta estrutura, aclara o autor, é unha astucia didáctica para poñer á disposición de pais e docentes a maior cantidade de información posible, sen agonialos.”
Ademais, cada capítulo prolóngase na web de biblioteca UP, onde se dá máis información, bibliografía e a posibilidade de participación nun foro.