Educar en el vínculo
Título: Educar en el vínculo
Autor: Rafa Guerrero
Editorial: Plataforma Editorial S.L
Ano: 2020
Páxinas: 352
Contido:
Vivimos nunha sociedade caracterizada pola rapidez, as esixencias e o pouco tempo para gozar dos fillos. Temos un mundo cada vez máis conectado tecnoloxicamente pero menos conectado emocional e socialmente. Os estudos científicos demostraron que para desenvolver vínculos de seguridade nos fillos e fomentar a súa autonomía, empatía e autoestima se necesita tempo de calidade.
Rafa Guerrero, psicólogo e doutor en Educación, explica de maneira sinxela e práctica as claves para fomentar relacións seguras cos fillos para conseguir que teñan unha boa autoestima, capacidade de resolución de conflitos e que sexan empáticos e resilientes.