Manual of Galician Linguistics

 

Título:  Manual of Galician Linguistics

Autor/a: Xulio Sousa e Ernesto González Seoane (coord.)

Editorial:  De Gruyter

Ano: 2024

Páxinas: 572
 

Contido:

Os profesores da Universidade de Santiago de Compostela Xulio Sousa e Ernesto González Seoane, do Instituto da Lingua Galega, son os coordinadores do Manual of Galician Linguistics, publicado pola editorial alemá De Gruyter na súa colección de manuais de lingüística románica. O manual está concibido para servir como traballo de referencia fundamental para o estudo da lingua galega. Os editores do Manual of Galician Linguistics organizaron e deseñaron o volume seguindo a tradición das obras de referencia sobre a descrición e estudo das linguas románicas. O propósito foi reunir unha serie de expertos de distintas universidades para elaborar contribucións actualizadas sobre os aspectos fundamentais da investigación sobre o galego e a lingüística galega.

 

 

Sección: