Que tal estás?
Título: Que tal estás?
Autora: Silvia Pérez Tato
Editorial: Kalandraka
Ano de edición: 2012
Páxinas: 32
Contido:
Con este libro, os máis pequenos aprenderán a expresar como se senten, a través de imaxes e palabras sinxelas: aburridos, contentos, tristes…
Contén un texto breve que se complementa á perfección coas ilustracións nas que destacan a expresión e a actitude do personaxe e os elementos de atrezzo -xoguetes, pinturas, libros...- que reforzan cada concepto coa súa correspondente descrición visual.
Que tal estás? é un libriño de autocoñecemento e de socialización para prelectores e primeiros lectores.
Número:
Sección: