Mentira
Título: Mentira
Autor/a: Care Santos
Editorial: Edebé
Ano: 2015
Páxinas: 252
Contido:
Xenia loita por sacar as mellores notas, impulsada pola ilusión de entrar en Medicina, pero ultimamente o seu rendemento está a baixar. E é que Xenia namorou, aínda que non dun mozo da súa contorna, senón dunha pantasma, dunha voz xurdida da internet coa que comparte a súa paixón pola lectura. Como Xenia é decidida e o seu amor virtual négase a unha cita, proponse sorprendelo, de modo que inicia as súas investigacións cos poucos datos de que dispón. E todo resulta ser falso, unha mentira, nin a foto nin o nome son reais. Quen é en realidade a súa alma xemelga? Arrepentida polo abandono dos seus estudos confesa todo aos seus pais, segura de ser vítima dalgún desaprensivo. Pero pronto un paquete inesperado vai revelarlle a identidade do raparigo co que compartiu os seus máis íntimas emocións.