Empantallados
Título: Empantallados
Subtítulo: Cómo convivir con fillos dixitais
Autor/a: Santiago Moll
Editorial: Larousse
Ano: 2017
Páxinas: 256
Contido:
Santiago Moll conta cunha longa experiencia docente, o que lle permitiu coñecer ben o mundo hiperconectado no que viven os adolescentes (e os seus pais). Por iso, tenta deixar de lado os prexuízos sobre o modo en que afecta a tecnoloxía e as infinitas posibilidades que esta ofrece no desenvolvemento, aprendizaxe, conduta e relacións dos nenos e novos. Entre as súas páxinas desenvólvense temas como o ciberbullying, os influencers ou os ‘nativos dixitais’, así como a súa opinión sobre que poden facer e ata que punto deben intervir os pais e a comunidade docente.
Número:
Sección: