Circo
Título: Circo
Autor/a: Rosa Ureña Plaza
Editorial: Kalandraka
Ano: 2022
Páxinas: 56
Contido:
Xa se columpia o trapecio. Xa voan os artistas aves do paraíso. Así comeza “A rede”, un dos trinta e un poemas incluídos nesta obra na que lectoras e lectores viaxarán polo mundo do circo guiados por un pallaso que perdeu unha bágoa, unha pitonisa cuxos recordos voaron ou unha carpa fachendosa. Neste “Circo” creativo e intercultural, os personaxes interxeracionais e os elementos circenses convértense en protagonistas duns versos con multitude de referencias á natureza e rebosantes de enxeño e sensibilidade. Unhas ilustracións cheas de cor, riqueza expresiva e movemento como os propios poemas completan esta proposta.
Número:
Sección: