Miguel Anxo Bastos Boubeta

 

Para este número 83 de EDUGA.RGE entrevistamos o profesor de Ciencia Política da USC Miguel Anxo Bastos Boubeta (Vigo, 1967); doutor en Ciencias Económicas e politólogo, quen, coa súa brillantez habitual, conversou moi amablemente con nós sobre o feito educativo a partir da eclosión do estado liberal e do establecemento daquela célebre «lealdade ao Estado abstracto»vs. a vella lealdade a un monarca. A partir de aí, discorre a conversación por variados camiños que teñen que ver con reflexións sobre as bondades e os defectos dos currículos pechados, a súa contraposición con outras concepcións máis partidarias do fomento da individualidade creativa e do cultivo do talento, que ás veces se amosa de xeito moi precoz; a relación de todo isto cos novos, e excelentes, medios de acceso á información e, finalmente, a observación de certa necesidade de evitar o exceso de uniformidade na selección de contidos.

En suma, unha excelente conversación,que, como non podería ser doutra maneira tratándose de Miguel Anxo Bastos, ofrece ademais un bo número de apuntamentos bibliográficos. Desde aquí o noso profundo agradecemento polo tempo dedicado e polas súas excelentes reflexións.

 

 

 

 

Sección: