De aventuras
Título: De aventuras
Autor/a: Gracia Morales
Editorial: Anaya
Ano: 2012
Páxinas: 112
Contido:
De aventuras achéganos á historia de Mario, un debuxante que, por culpa dunha enfermidade nos ósos, quedou postrado nunha cadeira de rodas e convive diariamente coa dor. Esta situación física manteno nun estado de depresión: négase a seguir os consellos dos médicos, deixou de debuxar, de saír á rúa, de relacionarse cos demais. Só o visita a súa sobriña Dunia, que coida del. A obra comeza cando Aidún, un personaxe de ficción creado por Mario, salta dos libros á realidade para convencelo de que siga escribindo aventuras para ela.
Número:
Sección: