Educarse en la era digital

 

Título: Educarse en la era digital

Autor: Ángel I. Pérez Gómez

Editorial: Morata

Ano de edición: 2012

Páxinas: 336

Contido:

A era dixital require aprendizaxes de orde superior que axuden a vivir na incerteza e na complexidade. Require, pola súa vez, desenvolver hábitos intelectuais, en gran medida non conscientes, que preparen para un escenario no cal case todo é máis accesible, complexo, global, flexible e cambiante.

En Educarse en la era digital, Ángel Pérez Gómez reflexiona sobre como ocupamos o noso tempo escolar na aprendizaxe de datos, na apropiación memorística de informacións e tarefas rutineiras de baixo nivel e sobre como deixamos a un lado a tarefa de axudar a formar o pensamento crítico e creativo, o desenvolvemento harmónico das emocións, a busca da identidade e do sentido, a formación de coñecementos, habilidades e actitudes que permitan o compromiso ético e político e a formulación e a reformulación sensata e racional dos modos habituais de conduta e comportamento.

O autor, a través dun diálogo con múltiples autores, teorías, experiencias e propostas, intenta, na primeira parte, clarificar que significa aprender a educarse no complexo contexto contemporáneo; como aprendemos a vivir, a pensar, a decidir e a actuar na atmosfera densa e cambiante da era global, dixital; e que papel está ocupando a escola convencional neste proceso.

Na segunda parte, ofrécenos a súa visión particular sobre o que considera unha escola educativa; é dicir, un espazo público para axudar a que cada un dos cidadáns se constrúa como persoa “educada”, a que cada un escolla e desenvolva o seu propio e singular proxecto de vida no eido persoal, social e profesional.

Sección: