Fuego, meteoritos y elefantes
Título: Fuego, meteoritos y elefantes
Subtítulo: Cruzando fronteras en educación infantil
Autor/a: Concepción Sánchez Blanco
Editorial: Miño y Dávila
Ano: 2018
Páxinas: 240
Contido:
Despois dun proceso de investigación-acción iniciado en 2011 e levado a cabo nun centro público de ensino infantil e primario da localidade da Coruña, e por medio da reflexión crítica e a narración de experiencias, Concepción Sánchez Blanco móstranos nesta obra o mundo e os sentimentos das nenas e nenos que, a causa de estreitezas económicas, familiares e situacións de desafección no ámbito escolar, vense obrigados a loitar a diario contra “fuego, meteoritos y elefantes" dende a máis tenra infancia.
Fuego, meteoritos y elefantes: cruzando fronteras en educación infantil propón, ao longo dos seus dez capítulos, xerar un movemento de loita contra a exclusión e de consecución dunha maior xustiza social que comece dende as escolas e dende as e os propios docentes.