Unha educación de premio
Título: Unha educación de premio
Subtítulo: O reto de docentes que emocionan o alumnado cun ensino de vangarda e a mirada posta no futuro
Autor/a: Selina Otero
Editorial: Galaxia
Ano: 2018
Páxinas: 132
Contido:
Os avances nun mundo cada vez máis dixital e global demandan novas fórmulas de ensino. Os alumnos precisan fixar valores e destrezas para afrontar o presente e o futuro. É urxente adaptarse a un escenario cambiante, con profesións difíciles de prever, onde non serven os esquemas estáticos tradicionais. Na educación está a clave.
Este libro é unha mostra de experiencias innovadoras en centros educativos de Galicia con numerosos galardóns autonómicos e nacionais. Os docentes que aplican métodos exitosos explican os pasos que foron dando para adaptarse a esta nova realidade e lograr o mellor do alumnado. As súas ideas poden servir de axuda a moitos outros mestres, profesores ou orientadores, ademais de guiar as familias na educación dos fillos e das fillas.