
La historia a través del cine
Título: La historia a través del cine. 10 propuestas didácticas para secundaria y bachillerato
Autor: Ramon Breu
Editorial: Graó
Ano de edición: 2012
Páxinas: 218
Contido:
Seguindo unha secuencia cronolóxica que abrangue dende a antigüidade ata a contemporaneidade, este libro recolle dez películas históricas (Terra de faraóns; Espartaco; O reino dos ceos; Sendeiros de gloria; O gran ditador; As 13 rosas…) e preséntanolas en forma de propostas didácticas para que, coas pertinentes matizacións e adaptacións –dende sexto curso da educación primaria, pasando polos catro cursos da educación secundaria obrigatoria ata o bacharelato, e non esquecendo a educación de adultos e a educación non formal–, poidamos despregalas no noso labor cotián co alumnado.
Estas páxinas van dirixidas ao profesorado que introduce, ou que ten a vontade de introducir, o cinema nas súas clases de historia. A este profesorado o libro ofrécelle un conxunto de reflexións, orientacións metodolóxicas e un material didáctico debidamente ensaiado e validado, que permite ser adaptado a cada circunstancia e, en definitiva, mellorado.