Totalitarismo: la resistencia filosófica

Título: Totalitarismo: la resistencia filosófica
Subtítulo: 15 estudios de pensamiento político contemporáneo
Autor/a: Diego Sánchez Meca (Coord.), Rafael Herrera Guillén (Coord.), José Luis Villacañas Berlanga (Coord.)
Editorial: Tecnos
Ano: 2018
Páxinas: 288

Contido:
Este volume recolle as intervencións dun encontro de profesores de filosofía da Universidade Complutense de Madrid e da UNED, que tivo lugar os días 27 e 28 de febreiro de 2017 na Facultade de Filosofía da UCM. Estas xornadas serviron para abrir un debate profundo e radical desde a filosofía fronte ao problema do totalitarismo. O reto proposto foi elaborar diagnósticos de resistencia ao totalitarismo desde as filosofías que resultasen familiares a cada un dos participantes. O volume recolle os relatorios na mesma orde do programa, aínda que transformadas en capítulos especificamente preparados para este libro. Cada profesor ofrece no seu texto unha análise do totalitarismo da man dun autor relevante para elaborar unha diagnose certeira sobre problemas políticos contemporáneos. Todas as aproximacións teñen o obxectivo claro de intervir no presente, con independencia do autor de partida. Así, autores en aparencia tan afastados como Maimónides, serven como vehículos de entrada no contexto actual, do mesmo xeito en que o fan autores máis intuitivamente próximos como Arendt, Weber, Mann, Adorno, Heidegger, Foucault ou Nancy.
 

Sección: