Sobre la educación

Título: Sobre la educación
Subtítulo: La necesidad de la Literatura y la vigencia de la Filosofía
Autor/a: Emilio Lledó
Editorial: Taurus
Ano: 2018
Páxinas: 264

Contido:
Emilio Lledó, un dos máis relevantes pensadores españois do noso tempo, situou a educación no centro da súa filosofía, e o ideal pedagóxico que defende aliméntase duns sólidos cimentos filosóficos con especial atención á filosofía grega clásica, á linguaxe e á memoria, pero tamén se sustenta  nunha longa experiencia nas aulas.
Lledó, a favor dunha educación pública «que faga desaparecer as azarosas e inxustas diferenzas que necesariamente impón a sociedade», defende tamén unha organización moderna e interdisciplinaria dos coñecementos, reflexiona sobre a identidade, a necesidade de cultivar a linguaxe, os perigos da obsesión tecnolóxica, da escola e a universidade, e da paulatina desaparición das Humanidades, facendo unha defensa sen concesións dunha educación moderna e emancipadora, de enfoque humanista e cun papel chave reservado á Filosofía.

Sección: