Gramática da fantasía
Título: Gramática da fantasía
Subtítulo: Introdución á arte de inventar historias
Autor/a: Gianni Rodari
Ilustracións: Pablo Otero
Editorial: Kalandraka
Ano: 2018
Páxinas: 180
Contido:
“Inventar historias para nenos e axudalos a que as inventen eles mesmos, non para que uns e outros sexan artistas, senón para que ninguén sexa escravo”. Esta foi a intención de Gianni Rodari á hora de escribir “Grammatica della fantasia” (1973), unha obra de obrigada referencia para educadores, unha aportación sen precedentes á pedagoxía contemporánea e o legado co que Rodari transmite a súa idea revolucionaria e liberadora da literatura.
Este título está destinado a docentes, educadores e todas aquelas persoas que cren que a imaxinación debe ocupar un destacado lugar na educación da infancia.