Microrrede da Mariña: un proxecto colaborativo cara á sociedade do futuro

As bibliotecas escolares de 14 centros educativos da Mariña lucense uníronse en 2011 nunha microrrede, impulsada polo Plan de mellora de bibliotecas escolares, unha rede de carácter institucional, para traballar nun proxecto colaborativo anual co fin de fomentar a lectura, interrelacionarse, cambiar experiencias e traballar coas familias enmarcadas no proceso de dinamizar as comunidades educativas a través da literatura.

Carmen Ferreiro Maseda, integrante do equipo de biblioteca
EEI San Roque (Viveiro-Lugo)
cferreiro@edu.xunta.es
Sitio da microrrede de bibliotecas PLAMBE da Mariña

Genma Rego Rouco. EEI San Roque (Viveiro)
Marta Pérez Lage. CEIP Antonio Pedrosa Latas (Celeiro-Viveiro)
Mª del Pilar Sánchez Veiga. CEP Lois Tobío (Viveiro)
Susana Quintela Díaz. IES María Sarmiento (Viveiro)
Paula López Otero. CEP P. Pedro Caselles Rollán (Xove)
Ana Tato Álvarez. IES Vilar Ponte (Viveiro)
Belinda Blanco Fernández. CEIP de Cervo (Cervo)
Rebeca Rivas Pena. CEP P. Santa Rita (Galdo-Viveiro)
María Rolle Insua. CEIP P. de Covas (Covas-Viveiro)
Karina Parga Chao. IES Perdouro (Burela)
María Arce Rodríguez. IES Illa de Sarón (Xove)
Marco Piñeiro Pérez. CEIP de Vicedo (Vicedo)
Nazaret García Seijas. CEIP P. Vista Alegre (Burela)
Eva Lastra Barreira. CEIP Castro de Ouro (Alfoz)

 


Por unha banda, somos conscientes de que precisamos motivar as familias do alumnado para que tanto os centros de zona rural coma os de zona urbana sexan un vínculo entre a literatura e os seus rapaces, fortalecendo o hábito lector a través das múltiples experiencias culturais dos seus familiares. Por outra parte, as vilas desta comarca están próximas entre si, aínda que pertenzan a distintos concellos (Burela, Alfoz, Xove, Cervo, O Vicedo e Viveiro). Achegar centros educativos de diferente idiosincrasia localizados nunha zona apartada dos grandes focos culturais de Galicia (o núcleo cultural máis próximo é Lugo e os seus museos, as grandes bibliotecas públicas, as exposicións, etc. están a case cen quilómetros de nós) supón asumir que, ao unir forzas, estamos contribuíndo a algo necesario: autoabastecernos culturalmente.

Os equipos das bibliotecas escolares mariñás buscabamos fórmulas para dinamizar as comunidades educativas a través da literatura coa ansia de lle dar un novo sentido ao hábito lector do alumnado. Esa inquietude por facer un traballo colaborativo xurdiu no ano 2011 despois dos Encontros PLAMBE. Daquela a maior parte dos centros escolares da Mariña Occidental xa formabamos parte deste programa e aí xermolouaidea de formar unha estrutura de traballo asociativa, co fin de intercambiar experiencias de fomento da lecturaedacultura en xeral... Como? Levando a cabo un proxecto anual común que incidise sobre ascomunidades educativas efomentase a implicación das familiasnohábito lector.

Desde entón, ano tras ano, a Microrrede non fixo máis que medrar: sacamos para diante sete proxectos consecutivos e permanecemos abertos a novas incorporacións e propostas de traballo.



Unha vez constituída e establecido o organigrama de traballo, o desenvolvemento do proxecto da Microrrede realízase a través de actividades culturais de dinamización presentadas baixo un título diferente cada ano:

CURSO 2011-12: De onte a hoxe... lembrando o pasado

Neste primeiro proxecto, recuperamos para a memoria familiar aquel libro que, por algunha razón,deixara pegada nalgún membro da familia. Unha vez elixida a obra, os escolares fixeron un resumo dela e acompañárono dunha creación plástica na que recrearon e ambientaron o libro.

CURSO 2012-13: Unha primavera de poemas

Cada familia presentou un poema —coñecido ou inédito—acompañado da correspondente obra artística que o ilustraba. Con este proxecto conmemoramos o150 aniversario da obra poética Cantares gallegos de Rosalía de Castro.

CURSO 2013-14: Daqueles contos... a novos finais

Na semana de exposición conxunta, como é habitual, reuníronse os traballos dos escolares dos diferentes centros e convocáronse os familiares e alumnos para que coincidisen coa lectura e os lectores. Alí foron capaces de descubrir os distintos e variados itinerarios que a mente dos escolares chegou a trazar despois de escoitar, ver e ler as clásicas historias que forman parte da infancia. Visitando a exposición,o público reencontrouse con ese recuncho da memoria no que gardamos os personaxes dos nosos contos, aqueles cos que medramos, aprendemos a resolver conflitos, desestimamos determinadas condutas e aplaudimos outras; pero, especialmente, pasamos horas arredor dos nosos pais, avós... escoitando as súas narracións, recibindo a calor do seu bafo e ese cariño infinito co que nos acolleron no seu colo. Todo un recordo entrañablemente familiar que regresou ao noso pensamento, evocando emocións, olores, sabores e unha intensa sensación de nostalxia. Cos personaxes de sempre foron capaces, grazas á imaxinación dos nenos, de cambiar o curso da propia historia.

CURSO 2014-15: O refraneiro de Cervo a Viveiro

O refraneiro recolle experiencias que aluden á vida, aos costumes e ao traballo de ámbito rural que reflicte feitos e situacións aplicables á vida actual. Recolle un compendio de saberes experimentados, ditos que todos e todas repetimos, respondendo a feitos veraces de toda índole; por iso co refraneiro de Cervo a Viveiro recollemos máximas da zona nas bibliotecas escolares a través das familias do alumnado dos diferentes niveis que, con moita delicadeza, acompañaron dunha obra artística para facilitar a comprensión do seu significado e do aspecto ao que facía referencia o refrán elixido.

CURSO 2015-16: Os soños de Manuel María

Este proxecto estivo dedicado integramente ao escritor e intelectual lucense homenaxeado o Día das Letras Galegas de2016. Foi o pequeno tributo da Microrrede a un gran escritor de literatura infantil e xuvenil e á gran cantidade de obras que escribiu para o alumnado tan diverxente dos nosos centros.

É importante destacar que ese ano se modificou o plan de traballo xa que, mentres nos proxectos anteriores o formato era común para todos os centros, nese curso cada centro educativo puido elixir o tipo de actividade, o formato dos traballos das familias,os materiais… Tamén cambiamos a localización da exposición conxunta e a sede elixida foi o Teatro Pastor Díaz de Viveiro, sen dúbida, un lugar privilexiado para a realización das actividades de dinamización.

CURSO 2016-17: A Mariña con moita arte

«Biblioteca escolar: territorio das artes» foi o lema escollido pola Asesoría de Bibliotecas Escolares no curso2016-17. Propoñíasenos un xogo de exploración por este territorio complexo e fascinante que é o mundo da arte. E o noso punto de partida foi “A Mariña con moita arte”, que nos serviría para organizar as diferentes actividades dinamizadoras entendidas como unha maneira de experimentar e de expresar —a través dunha gran variedade artística—a nosa interpretación persoal da arte en galego, da arte na Mariña. Deu pé a que as diferentes «artes»estivesen presentes e repartidas polos distintos centros a través de diferentes propostas artístico-literarias: aarte de Sargadelos e a literatura nas Edicións do Castro; a pintura, nunha homenaxe a Maruja Mallo ou ao impresionismo; mosaicos sobre a poesía mariñá de Xoán Neira; música tradicional; arquitectura popular; Viveiro monumental; a fotografía de faros, e tamén a fotografía interpretativa da literatura mariñá actual; o teatro, con Titeriteando contos; retratos-caricaturas de persoeiros mariñáns das artes e das letras; infancias de cine…

CURSO 2017-18: A Mariña pensando en feminino

Aprender a pensar a través dos contos, da tradición oral, das lecturas de ficción, da poesía, do teatro; de materiais de divulgación científica, das investigacións; aprender a pensar co cine e coa música… A biblioteca escolar é un espazo privilexiado para que o alumnado non perda a súa capacidade de asombro, para que aprenda a formularse preguntas diante dos distintos fenómenos naturais ou sociais e, tamén, para procurar algunhas respostas á complexidade que lle toca vivir.

Así, este curso 2017-18 as catorce bibliotecas escolares que integran a Microrrede da Mariña presentan traballos cun claro compoñente de xénero e teñen como obxectivo principal darlle visibilidade á muller e ao empoderamento da palabra, da figura, da cultura, dos oficios, das voces, das letras e do patrimonio desde o punto de vista feminino.

No acto inaugural interviu un coro formado por uns 150 rapaces de distintos centros que interpretaron e asinaron as cancións “Chea de vida” e “Matriarcas” de Guadi Galego, seguido da actuación da propia cantante acompañada dunha performance das artistas viveirenses compoñentes de LAG e da lectura do manifesto feminista da alumna Andrea Rivas Villarquide. Por outra banda, no horario de apertura da nosa exposición (de 18.00a 20.00), o mércores 9 a agrupación Adala Infantil interpretou no Teatro Pastor Díaz a obra Mamasiña que medo! E o xoves 10, a clausura: discurso, actuación do coro dos máis pequenos dos nosos colexios, actuación das Moreninhas e encontro coa escritora Rita Morrigan.

Destacamos a colaboración recibida por parte da Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia, de quen recibimos asesoramento todos estes anos e quen nesta última edición nos apoiou e nos asesorou nunha reunión de traballo e na semana da exposición.

O obxectivo fundamental é fomentar os hábitos lectores e recuperar a literatura infantil e xuvenil como parte da vida cotiá das familias ecomo fonte de pracer na vida daspersoas. Pero tamén:

  • Implicar as familias como responsables ecolaboradoras na formación lectora dos seus fillos, promovendo un ambiente cultural cooperativo entre todos os membros da familia,enlazando co centro educativo.
  • Compartir experiencias, sentimentos eemocións entre os diferentes membros dafamilia, a través dunha proposta escolar.
  • Favorecer a relación entre as familias dos distintos centros.
  • Contribuír, co traballo dos escolares e implicando as asociacións culturais e as librerías da zona, á promoción da cultura na vila e na súa contorna.
  • Dar a coñecer o traballo feito nas diferentes comunidades educativas e expoñelo nun marco común, servindo para compartir ideas e emocións.



O noso modus operandi é o seguinte:

1. Xuntanza dos representantes dos equipos de bibliotecas dos centros participantes para planificar o traballo etomar decisións conxuntas.No primeiro contacto decidimos a temática doproxecto,amodalidade literaria e o cronograma, por unha parte; por outra, a distribución dotraballo que imosrealizar cada centro (desde os materiais ou o formato de presentación ata os carteis e dípticos, a petición da sala de exposicións do Concello de Viveiro, a difusión da actividade na prensa, os convites, o calendario de actuacións, as gardas da exposición…).

2. Comunicación da actividade anual aoalumnado eásfamilias.

3. Achegade materiais para a actividade.

4. Exposición dos traballos en cada centro. Ten lugar durante omes de abril, coincidindo coa celebración doDía Internacional doLibro Infantil e Xuvenil (2 de abril) e oDía Mundial do Libro e Dereitos de Autor (23 de abril).

5. Exposición conxunta no Concello de Viveiro de todos os traballos achegados polas comunidades educativas dos centros participantes. A exposición, de catro días de duración, coincide coa celebración das Letras Galegas (17 de maio) e implica actividades de inauguración, dinamización e clausura.

6. Actividades dinamizadoras coa participación das comunidades educativas: alumnado (teatro, cancións, recitais), profesorado (contacontos, teatro de monicreques), familias e asociacións culturais (regueifas,cancións).

7.Avaliación e propostas de mellora: puntos débiles e fortes; liñas prioritarias de actuación para o seguinte ano.

No balance final podemos destacar como puntos fortes:

  • Os resultados altamente positivos: somos capacesde complementarnos, retroalimentarnos e continuar con ilusión.
  • A motivación intrínseca de todas as participantes e o apoio dos equipos directivos e claustros dos diferentes centros.
  • Aimplicación das comunidades educativas.
  • O compromiso que supón formar parte dunha rede institucional primeiro, e zonal despois, garantía para manter onivel de motivación econcluír cun bo resultado final.

E como puntos débiles:

  • A busca dunha proposta común axeitada e asumible polas distintas comunidades educativas eos diferentes niveis de ensino aos que vai dirixida.
  • O horario de traballo, fóra do regulamentario, supón dificultades de organización: hai que contar con desprazamentos, compromisos de traballo en cadacentro…
  • O espazo destinado á exposición conxunta queda xa pequeno, polo que debemos procurar un espazo máis adaptado ás nosas necesidades futuras.

Sobra dicir que todas nós estamos comprometidas con medrar e avanzar. Pensamos que é importante seguir colaborando e motivando a participación de máis centros veciños, pero sobre todo involucrando no hábito lector como fonte de pracer, cultura e comunicación non só as nosas comunidades educativas senón tamén a toda a sociedade desta comarca. Porque se xa chegamos a 1 500 familias, sabemos que aínda nos podemos pedir máis.

 

Esta experiencia dinamizadora foi difundida en varias ocasións:

- Levada por María Rolle Insua e Mari Luz Iglesias López a CIBES 2015 baixo o título “Microrrede da Mariña: dinamizando as comunidades educativas a través da literatura”.

- Presentada nas VIII Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia (2018) na modalidade “A fume de carozo”.

 

 

Sección: