
Pedagoxía en código aberto
"Foi un día de 2008 cando desde Aspronaga nos preguntaron pola posibilidade de realizar unha curtametraxe. A partires dese momento iniciouse unha pequena aventura que, anos despois, nos levou a crear a Asociación Proxecto Máscaras a cal, logo de fundarse no 2014, seguiu traballando a partir de todo o materializado coa meta de sacar adiante a película Máscaras".
Iago González, presidente da Asociación Proxecto Máscaras
O proxecto consiste no desenvolvemento dunha experiencia de co-creación audiovisual integradora con todas as súas fases (formación, casting, guión, ensaios, etc.) na que participan ademais da Asociación promotora, Proxecto Máscaras, o colexio Calasancias e tres entidades do ámbito da diversidade funcional: Aspronaga, a Fundación ADCOR e o grupo Naranja Imaginario.
Este gravación recolle unha charla informal con varios dos participantes no proxecto, moderados polo director de Eduga, Juan Granados, na que reflexionan sobre a experiencia e as súas implicacións.
Ligazóns de interese:
- Promoción de "Un Día de Cine"
- Un momento da rodaxe
- Wiki de "Un Día de Cine"
- Flickr da Asociación
- Asociación Proxecto Máscaras