Sufraxistas

Título: Sufraxistas

Título orixinal: Suffragette

Ano: 2015

Nacionalidade: Reino Unido

Xénero: Drama histórico

Dirección: Sarah Gavron

Elenco: Carey Mulligan, Helena Bonham Carter, Anne-Marie Duff, Brendan Gleeson, Meryl Streep

Guión: Abi Morgan

Música: Alexandre Desplat

Duración: 106 min

Sinopse:

O movemento sufraxista naceu en Inglaterra en vésperas da Primeira Guerra Mundial. A maioría das sufraxistas non procedían das clases altas senón que eran obreiras que vían impotentes como as súas pacíficas protestas non servían para nada. Entón radicalizáronse e, na súa incansable loita por conseguir a igualdade, arriscáronse a perdelo todo: o seu traballo, a súa casa, os seus fillos e a súa vida. A protagonista é Maud, unha muller que reivindicou denodadamente a dignidade das mulleres.

Sección: