Proyectos con alma

Título: Proyectos con alma

Subtítulo: Trabajo por proyectos con servicio a la comunidad

Autor/a: Xus Martín

Editorial: Graó

Ano: 2016

Páxinas: 114

 

Contido:

Este libro profunda sobre o valor engadido que o servizo á comunidade achega á aprendizaxe por proxectos e as vantaxes educativas que fan do mesmo unha proposta necesaria. Na súa primeira parte a autora presenta a narración dun proxecto de servizo á comunidade levado a cabo por alumnos e alumnas de sexto de primaria. Trátase dun estudo etnográfico de gran interese, que serve de introdución para o resto do traballo. A segunda parte céntrase na elaboración dun proxecto de ApS, sinalando catro etapas fundamentais: a detección de necesidades e definición do proxecto, a elaboración da información e preparación do servizo, a síntese dos coñecementos necesarios e realización do servizo e, por último, a avaliación e comunicación dos resultados.

Son moitas as ideas e suxestións da autora que serven, sobre todo, para presentar unha visión de conxunto na que quedan situados todos os elementos do ApS.

Sección: