
7 ideas clave: escuelas sostenibles en convivencia
Título: 7 ideas clave: escuelas sostenibles en convivencia
Autor/a: Juan de Vicente Abad
Editorial: Graó
Ano: 2010
Páxinas: 222
Contido:
7 ideas clave: escuelas sostenibles en convivencia mostra cales son as condicións necesarias para conseguir unha boa calidade de convivencia nos centros e como poñelas en práctica. Trátase dun conxunto de medidas que se encadran dentro do que se denomina modelo democrático de xestión da convivencia, o cal xira ao redor de dous principios básicos: a participación de todos os membros da comunidade educativa e a inclusión da diversidade do alumnado nas aulas.
O libro presenta unha estrutura clara que axuda a entender cada unha das ideas que se expoñen coa intención de demostrar a importancia da innovación e o cambio para a mellora da capacitación docente.