Entrevista a Angélica Sátiro

 

 

Aproveitando a súa participación nunha acción formativa organizada en abril polo Centro de Formación e Recursos de Pontevedra, falamos con Angélica Sátiro, directora de CASA CREATIVA, consultoría para proxectos, actividades, materiais e investigacións sobre a creatividade. Presidenta da asociación CREAR MUNDOS BCN.

Angélica é doutora CUM LAUDE en Pedagoxía pola Universidade de Barcelona con tesis sobre PEDAGOGÍA DE LA CIUDADANÍA CREATIVA Investigadora no campo da relación ética/creatividade con DEA en Filosofía Práctica pola Universidade de Barcelona (España).

Magíster en Creatividade Aplicada pola Universidad de Santiago de Compostela (España), Posgraduada en Temas Filosóficos pola Universidade Federal de Minas Gerais (Brasil) e en Pedagoxía Empresarial pola Universidade Estatal de Minas Gerais (Brasil), especialista en Filosofía para Niños por el IAPC (Institut for the Advancement of Philosophy for Children) por Montclair State University (E.E.UU) e Licenciada en Pedagoxía pola Universidade Estatal de Minas Gerais (Brasil).

Educadora desde os años 80. Impartiu cursos e conferencias en Brasil, Guatemala, El Salvador, Colombia, Argentina, Uruguay, Perú, Costa Rica, México, EUA, Cabo Verde, Portugal, Bélgica, Italia y España. Cocreadora da EFCI (Escuela centroamericana de facilitadores de la creatividad y la innovación), en La Antigua, Guatemala, e colaboradora de GRUPIREF (Grupo de investigación e innovación en la enseñanza de la filosofía) – Barcelona. Facilitadora da creatividade e experta internacional no tema, asesorando proxectos con ministerios, fundacións, museos e outras entidades iberoamericanas relacionadas coa temática.

É Directora do Proyecto Noria e colaboradora constante de diversos centros de formación de profesorado de España desde o ano 2000, ademáis do traballo realizado en diferentes países de América, Europa e África. Ten máis de 400 publicacións en varios idiomas: castelán, catalán, italiano e portugués.

Podes atopar moita máis información sobre Angélica na rede. Na súa web persoal:
Angélica Sátiro en la blogosfera

E en moitos outros lugares. Velaí un exemplo:
Café con Angélica Sátiro

 

Sección: