
Aprendo porque quiero
Título: Aprendo porque quiero. El Aprendizaje Basado en Proyectos(ABP), paso a paso
Autor/a: Juan José Vergara Ramírez
Editorial: S.M.
Ano: 2015
Páxinas: 223
Contido:
No ABP, o docente ocúpase do que mellor sabe facer: orientar, dinamizar, achegar criterios, organizar o coñecemento. O autor expón os diferentes pasos e elementos clave que deben terse en conta para aplicar na aula a Aprendizaxe Baseada en Proxectos (ABP). Trátase dunha estratexia de aprendizaxe que non busca a mera transmisión de contidos, senón crear experiencias educativas cooperativas que provocan un cambio persoal e de grupo ao enfrontarse a elas.
Esta obra expón aos docentes como conseguir a través do ABP que os contidos se incorporen ao modo de entender a realidade dos seus alumnos.