Novas da Xunta
Resolución definitiva de centros que se incorporan ao programa plurilingüe no segundo ciclo da Educación Infantil (Plurinfantil), para o curso 2024/2025
Xúntase a Resolución definitiva de centros que se incorporan ao programa plurilingüe no segundo ciclo da Educación Infantil (Plurinfantil), para o curso 2024/2025.
Anuncio principal:
Convocatoria para a incorporación de novos centros ao programa plurilingüe no segundo ciclo da Educación Infantil (Plurinfantil), para o curso 2024/2025Tema:
Plurilingüismo Programas e plans Centros plurilingüesEnsinanza:
Educación infantilDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación EducativaColectivo:
Profesorado Alumnado CentrosSección:
Boletín Portada de boletín Linguas estranxeirasMañá abre o prazo para solicitar cursar FP nas preto de 47.000 prazas de novo ingreso para o vindeiro curso
Summary:
As persoas interesadas teñen ata o 4 de xullo para tramitar a petición nalgunha das 214 titulacións diferentes que se imparten en Galicia
Idioma GallegoDesde mañá e ata o 4 de xullo estará aberto o prazo de solicitude para cursar unha titulación de Formación Profesional nas preto de 47.000 prazas de novo ingreso que vén de habilitar a Xunta de Galicia para o próximo curso 2024-25, un 11% máis que no presente curso.
Os interesados poderán escoller entre 214 titulacións diferentes -17 delas de nova implantación- repartidas en 153 ciclos de grao medio, básico e superior, 22 másteres, 24 títulos de alta especialización e 15 programas formativos orientados a persoas con necesidades educativas especiais.
Así pois, quen desexe estudar un ciclo de FP o próximo curso, a través do Portal Educativo ten dispoñibles as instrucións cos detalles específicos para cada unha das modalidades. En todo caso, as principais datas son as seguintes:
Oferta
Presentación de solicitudes
Resolución provisional de solicitudes
1ª adxudicación de prazas
Período de matrícula para as persoas admitidas
Ordinaria/modular
Do 24 de xuño ás 9:00 h. ao 4 de xullo ás 13:00 h.
10 de xullo
17 de xullo
Do 17 de xullo desde as 9:00 h. ao 22 de xullo ás 13:00 h. (para a 1ª adxudicación)
FP Dual Intensiva
Do 24 de xuño ás 9:00 h. ao 4 de xullo ás 13:00 h.
8 de xullo
15 de xullo
(do 8 ao 12 de xullo haberá un período de selección polo centro educativo e as empresas)
Prazas adxudicadas e en espera o 15 de xullo
Do 16 de xullo ás 9:00 h. ao 24 de xullo ás 13:00 h.
Másteres de FP
Do 24 de xuño ás 9:00 h. ao 4 de xullo ás 13:00 h.
10 de xullo
17 de xullo
Do 17 de xullo ás 9:00 h. ao 22 de xullo ás 13:00 h.
Cómpre lembrar que a Xunta vén de ampliar a oferta de FP para o vindeiro curso acadando de novo un máximo histórico cun total de 46.714 prazas de novo ingreso, cun reforzo na práctica totalidade das familias profesionais así como en todas as áreas territoriais.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Novas da Xunta
- Román Rodríguez agradece á CIUG o traballo desenvolto nos últimos meses que converte a Galicia na primeira comunidade do Estado en ter publicados os modelos de proba de acceso á universidade
- A Xunta e a Asociación de Arquivos, Bibliotecas, Museos e Centros de Documentación de Galicia colaboran para impulsar a acreditación de competencias neste eido
Últimos artigos
Frases
Benjamín Franklin