Novas da Xunta
A ampliación do CIFP Fraga do Eume rematará este outono para reforzar as ensinanzas do sector hostaleiro e turístico
Summary:
Román Rodríguez explica que a ampliación da cociña e do comedor, cun investimento de 365.000€, así como doutras melloras, avanzan a bo ritmo
“Queremos formar aos mellores profesionais que o sector hostaleiro e turístico e fortalecer este centro como unha referencia na comarca de Ferrolterra”, afirma
Idioma GallegoO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, supervisou hoxe o desenvolvemento das obras de ampliación do Centro Integrado de FP Fraga do Eume. A intervención, cun investimento de 365.000€, avanza de maneira satisfactoria e está previsto que estea finalizada durante este outono.
“As obras de ampliación avanzan a bo ritmo. Seguramente a principios de novembro estarán xa en perfecto estado tanto a ampliación da cociña como do comedor”, detallou. O titular de Educación da Xunta afirmou que a intención do seu departamento é “formar aos mellores profesionais que o sector hostaleiro e turístico merecen”. “Estase fortalecendo a familia profesional destas ensinanzas para ser un centro de referencia no conxunto de Galicia e, por suposto, na comarca de Ferrolterra”, engadiu.
Durante a visita, o conselleiro destacou que esta actuación representa un compromiso cumprido coa comunidade educativa de Pontedeume, despois de que o centro se convertese nun centro integrado de FP no curso 2021/2022. De feito, as obras de ampliación e reforma do interior do centro súmanse á recente mellora de talleres como o da lavandería de lencería, destinado ao Ciclo Superior de Xestión de aloxamentos turísticos, o que supón un avance para o conxunto do centro.
"Estas ampliacións e reformas permitirán dotar á FP en Pontedeume de máis e mellores espazos, reforzando unha familia profesional que sustenta un sector produtivo clave neste concello", sinalou o conselleiro. Neste sentido, Román Rodríguez subliñou que o CIFP Fraga do Eume conta neste curso 24/25 cunha cifra provisional de 273 alumnos.
Fases posterioresA ampliación do centro reafirma o compromiso da Xunta co impulso á FP en Galicia e coa empregabilidade do alumnado, facilitando, entre outros aspectos, o acondicionamento do comedor para os ciclos de hostalaría.
Esta ampliación forma parte dunha reforma máis ambiciosa que contará cunha segunda fase, destinada á remodelación de todos os talleres e cociñas de hostalaría, cun orzamento superior a 650.000€.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalTres estudantes representan a Galicia en Lyon na maior competición internacional de FP
Summary:
Trátase de Ezequiel Soto, do IES San Clemente de Santiago; María Bazar, do CIFP Paseo das Pontes da Coruña, e de Laura Pereira, do CIFP Manuel Antonio de Vigo
A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, acompaña os alumnos que están a competir nas modalidades de Desenvolvemento web, Panadaría e Recepción hoteleira
Idioma GallegoTres estudantes da FP galega participan estes días en Lyon (Francia) no campionato Worldskills 2024, as olimpíadas internacionais da Formación Profesional. Estes mozos, que representan a Galicia no certame, están acompañados pola directora xeral de FP, Eugenia Pérez. “Están demostrando que a nosa FP é un modelo con gran potencial”, sinala a representante da Xunta de Galicia, quen remarca “o orgullo que supón para o noso ensino que teñan chegado ata aquí”.
Ezequiel Soto, do Instituto IES San Clemente de Santiago, compite na modalidade de Desenvolvemento web; María Bazar, do Centro Integrado de FP CIFP Paseo das Pontes da Coruña, en Panadaría, e Laura Pereira, do Centro Integrado de FP CIFP Manuel Antonio de Vigo, faino en Recepción hoteleira. Eles tres, acompañados por profesores e representantes da Consellería de Educación, Ciencia, FP e Universidades, están a demostrar neste campionato internacional a calidade da Formación Profesional galega.
Representación de 70 paísesA cidade francesa acolle a 47ª edición dos Worldskills, que arrincou o 10 de setembro e que se prolongará ata este domingo, 15 de setembro. Centrada na sustentabilidade, esta edición conta con 59 modalidades de competición e tres exhibicións nas que participarán máis de 1.400 competidores e 1.300 expertos representando a 70 países e rexións.
Galicia participa activamente desde o ano 2007 nas distintas edicións das competicións nacionais e internacionais de Formación Profesional, Spainskills, Worldskills e Euroskills. Ademais, desde o ano 2012 organízase o campionato autonómico, Galiciaskills.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalResolución do 13 de setembro de 2024, coas listaxes coas puntuacións provisionais nas prazas de residencia correspondentes ao período extraordinario nos Centros Residenciais Docentes da Coruña e Ourense, curso 2024/25
Resolución do 13 de setembro de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publican aa listaxes coas puntuacións provisionais de todos as persoas solicitantes admitidas, indicando a puntuación desagregada (rendemento académico e criterios socioeconómicos) e a puntuación total por orde descendente; a relación provisional de persoas excluídas, indicando a causa de exclusión, correspondentes ao período extraordinario nos CRD da Coruña e Ourense, de acordo co previsto nos artigos 34 e 35 da Orde do 23 de maio de 2024 pola que se convocan prazas de residencia nos CRD da Coruña, Ourense e Vigo para o curso 2024/25 (DOG núm. 119, do 20 de xuño).
As persoas solicitantes poderán formular reclamación ante a comisión de valoración.
Prazo para presentar reclamación: entre o 14 e o 20 de setembro de 2024 (ambos incluídos).
Anuncio principal:
Convocadas prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2024/25 (código de procedemento ED306A)Tema:
BolsasEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeralDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de CentrosColectivo:
Alumnado Familias CentrosResolución complementaria á convocatoria e selección de centros públicos de ensino non universitario de Galicia para participar no programa EduExchanges de intercambio presencial de alumnado con centros educativos doutros países, curso 2024/2025
Achégase Resolución complementaria á resolución do 5 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se regula a convocatoria e selección de centros públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia para participar no programa EduExchanges de intercambio presencial de alumnado con centros educativos doutros países durante o curso 2024/2025.
Anuncio principal:
Convocatoria e selección de centros públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia para participar no programa EduExchanges de intercambio presencial de alumnado con centros educativos doutros países durante o curso 2024/2025Tema:
Lingua estranxeira Programas e plansEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeralDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación Educativa Servizo de Innovación e Programas EducativosColectivo:
Alumnado CentrosSección:
Linguas estranxeirasRelación de centros que conformarán a Rede galega de dinamización da relación con empresas na FP no curso 2024-2025 e relación das persoas responsables da dinamización
Publicada a Resolución do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se fai pública a relación de centros que conformarán a Rede galega de dinamización da relación con empresas na FP no curso 2024-2025 e a relación das persoas responsables da dinamización, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.
Tema:
Información xeral Programas e plansEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Innovación Profesional e Coordinación co Sistema Produtivo Servizo de Relación co Sistema Produtivo, Orientación e Inserción LaboralColectivo:
Profesorado CentrosConvocatoria de mobilidades Erasmus+ para alumnado de FP de grao básico e grao medio no curso 2024-2025
Publicada a Resolución do 10 de setembro de 2024 da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade no curso 2024-2025 para o alumnado de ciclos formativos de grao básico e grao medio de centros educativos públicos que forman parte do consorcio de mobilidade do proxecto Erasmus+ 2023-1-ES01-KA121-VET-000147461.
Tema:
Programas e plans Programas europeos e internacionais ErasmusEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Innovación Profesional e Coordinación co Sistema Produtivo Servizo de Relación co Sistema Produtivo, Orientación e Inserción LaboralColectivo:
AlumnadoConvocatoria de programas do Plan Eduemprende 2024-2025
Publicada a Resolución do 10 de setembro de 2024 da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se regula o Plan Eduemprende e se establecen as bases para a participación dos centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional durante o curso 2024-2025.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o día 13 de setembro ata o 14 de outubro de 2024, ambos os dous incluídos.
Tema:
Programas e plans eduemprendeEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Innovación Profesional e Coordinación co Sistema Produtivo Servizo de Relación co Sistema Produtivo, Orientación e Inserción LaboralColectivo:
Profesorado Alumnado CentrosSección:
Boletín Portada de boletínProfesores de 14 comunidades autónomas visitan Galicia para coñecer o noso modelo educativo e mellorar as competencias profesionais docentes
Summary:
Román Rodríguez fai fincapé na necesidade de ofrecer aos docentes as ferramentas formativas necesarias para afrontar os retos de futuro
Pon a disposición o traballo que Galicia desenvolve desde 2017 neste eido co primeiro marco competencial acordado coas facultades de formación do profesorado
Avoga por unha “visión integral” en tres ámbitos: actuando desde as universidades, na formación continua e no acceso á profesión docente
Idioma GallegoO conselleiro de Educación, Ciencia, FP e Universidades, Román Rodríguez, deu a benvida esta mañá aos docentes de 14 comunidades autónomas que se atopan en Galicia para coñecer o noso sistema educativo e participar nas Xornadas de deseño do Marco Competencial Docente, organizadas pola Xunta en colaboración co INTEF (Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado).
Logo de agradecer a elección de Galicia para avanzar no deseño desta folla de ruta da formación do profesorado, Román Rodríguez expresou o seu compromiso de contribuír ao debate estatal sobre a mellora das competencias docentes aportando “todo o traballo que na nosa Comunidade xa vimos desenvolvendo desde o ano 2017”, cando a Xunta, en colaboración coas sete facultades de Ciencias de Educación e de Formación do Profesorado galegas, deseñou o primeiro marco competencial neste eido que permitiu un cambio no plan de estudos enfocado aos retos de futuro aos que se teñen que enfrontar os docentes cando se incorporan ás aulas.
Atención a novas realidadesNa súa intervención, o conselleiro fixo fincapé en que para avanzar nun sistema educativo de calidade, equitativo e que garanta a igualdade de oportunidades é primordial “anticiparnos aos retos de futuro como son os desafíos demográficos, sociais e tecnolóxicos”. “E para iso -abondou- os docentes son a nosa clave de bóveda e teñen que contar non só con coñecemento, senón tamén saber facer uso dese coñecemento aplicado ás novas realidades que xorden como a diversidade, a integración de alumnos de fóra, as novas ferramentas tecnolóxicas ou o uso da intelixencia artificial no proceso educativo”.
Nesta liña, aposta por unha “visión integral” en tres ámbitos: desde as universidades onde se forman os futuros profesores actuando nos plans de estudos “como fixemos en Galicia”, desde a formación continua unha vez que chegan as aulas con plans anuais de formación en liña cos programas educativos que se implantan e tamén no acceso á función pública afondando en novas fórmulas de selección “dos mellores”.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalRomán Rodríguez dá a benvida ao Premio Nobel Klaus von Klitzing nun encontro científico sobre física
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, deu a benvida hoxe a Galicia ao Premio Nobel Klaus von Klitzing, físico e profesor universitario alemán que recibiu esta distinción polo descubrimento do efecto Hall cuantificado. Fíxoo durante o encontro científico Física para o coñecemento e tecnoloxía, que se celebrou no Instituto de Materiais (iMatus), no marco do Programa ConCiencia da Universidade de Santiago, que coordina Jorge Mira, catedrático de Electromagnetismo . Este programa de divulgación científica achega á capital galega a premios Nobel para reforzar o papel de Galicia no mundo científico.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalA Xunta apoia o desenvolvemento da actividade investigadora do CIMUS con 2,7M€
Summary:
O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, e a directora xeral da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, visitan este centro de investigación
O financiamento permitirá reforzar a medicina de precisión e avanzar no desenvolvemento de novas terapias contra enfermidades crónicas
Idioma GallegoO secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, visitaron hoxe as instalacións do Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da USC para coñecer o traballo que están a realizar os seus 199 investigadores. O CiMUS é un referente internacional no estudo de enfermidades crónicas como a obesidade, patoloxías cardiovasculares, neurodexenerativas e cancro, grazas ao seu enfoque multidisciplinar e colaborativo.
O compromiso da Xunta de Galicia con este centro permitirá consolidar os proxectos en marcha, impulsar novas liñas de investigación e fortalecer o enfoque en medicina de precisión e investigación transnacional. Entre os avances tecnolóxicos máis destacados atópanse o desenvolvemento de plataformas avanzadas como o nanodelivery (uso de nanopartículas para o transporte de fármacos) e a secuenciación a nivel de célula única, que supoñen un salto cualitativo no tratamento personalizado de doenzas crónicas.
Os representantes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional subliñaron a importancia de seguir fomentando a colaboración entre o ámbito investigador e o empresarial, coa finalidade de promover a transferencia tecnolóxica e situar o CiMUS como líder na creación de novas terapias e fármacos.
Fitos científicos e tecnolóxicosO CiMUS, creado en 2011, mantén un sólido compromiso coa excelencia científica, destacándose pola súa capacidade para captar fondos competitivos. Cabe salientar, a incorporación do CIMUS á Rede de Centros de Investigación en Excelencia da Xunta de Galicia no ano 2019, e renovada no ano 2024, que o dota dunha perspectiva de estabilidade a longo prazo imprescindible para a posta en marcha da súa ambiciosa estratexia. Deste xeito, a Xunta de Galicia apoiará o desenvolvemento da súa actividade con máis de 2,7M€ ata o ano 2027, favorecendo a estabilidade económica dos seus proxectos.
Entre 2020 e 2023, obtivo máis de 25 millóns de euros en proxectos e asinou 140 contratos con empresas, que suman 13,4 millóns de euros adicionais. Neste período, os investigadores do centro publicaron centos de artigos en revistas de alto impacto como Cell, Nature e Science.
Destaca a plataforma de descubrimento de fármacos Innopharma, unha das oito Plataformas de Altas Capacidades do Consorcio Europeo de Infraestruturas de Investigación Europea (ERIC EU-Openscreen) e que dispón dunha das quimiotecas máis importantes de España e Europa. A Xunta de Galicia achegou 5 millóns de euros nos últimos tres anos, de fondos europeos REACT-UE dentro do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, para a adquisición e actualización do equipamento científico-tecnolóxico e a contratación de persoal especializado. A maiores, o Goberno galego leva inxectado neste centro de investigación máis de 6,6M€ para apoiar a súa actividade.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalConvocatoria programa educativo Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais
Resolución do 10 de setembro de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca o programa educativo Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais dirixido a centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no curso 2024/25.
File:
Resolución do 10 de setembro de 2024 Anexo de solicitudeTema:
Programas e plansEnsinanza:
Educación secundaria obrigatoriaDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación EducativaColectivo:
Alumnado CentrosSección:
Boletín Portada de boletínResolución provisional do Plan de mellora de bibliotecas escolares para o curso 2024/25
Achégase a Resolución provisional da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, coa relación dos centros seleccionados na modalidade de nova incorporación que se integran no Plan de mellora de bibliotecas escolares neste curso, así como as asignacións económicas correspondentes.
Ábrese un prazo de cinco días naturais, a partir do día seguinte ao da publicación, para efectuar reclamacións ou renuncias.
Anuncio principal:
Convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional para o curso 2024/25Tema:
Programas e plans Plan LÍA Bibliotecas escolaresEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeralDepartamento:
Subdirección Xeral de Centros Servizo de Apoio Económico e Axudas ao EstudoColectivo:
Profesorado CentrosResolución definitiva de centros beneficiarios e non beneficiarios das axudas a centros públicos de ensino non universitario para participar no programa EduFrance no curso 2024/2025
Resolución definitiva de centros beneficiarios e non beneficiarios das axudas a centros públicos de ensino non universitario para participar no programa EduFrance de intercambio de alumnado con centros educativos dependentes das Régions Académiques Hauts-de-France e Bretagne durante o curso escolar 2024/2025.
Anuncio principal:
Convocatoria para a selección de centros públicos de ensino non universitario de Galicia para participar no programa EduFrance no curso 2024/25Tema:
Lingua estranxeira Programas e plansEnsinanza:
Educación secundaria obrigatoria BacharelatoDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación EducativaColectivo:
Alumnado Familias CentrosSección:
Linguas estranxeirasPublicación da asignación de niveis de competencia dixital docente a roles e postos docentes para a acreditación de oficio
O procedemento de acreditación de oficio realizarao a Administración tendo en conta a información xa rexistrada e que está en poder da Consellería. As persoas que opten a esta acreditación non terán que presentar solicitude.
A acreditación de oficio será resolta antes do 27 de setembro de 2024 e poderá consultarse no Rexistro de Acreditación da CDD (en Fprofe), integrado no Rexistro Xeral de Actividades de Formación Permanente do Profesorado nos días seguintes na medida que os sistemas informáticos vaian facendo a carga paulatinamente.
A partir do 27 de setembro, as persoas que desempeñaran algún rol ou posto docente recollido no anexo I da Resolución do 5 de xullo que non vexan reflectido no Rexistro de Acreditación da CDD o seu nivel poden dirixirse ao correo acreditacionCDD@edu.xunta.gal xustificando o desempeño dese rol/posto docente.
Anuncio principal:
Resolución do 5 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, coa convocatoria dos procedementos da acreditación da competencia dixital docente para o persoal docente non universitario dos centros educativos de GaliciaTema:
Información xeral Competencia DixitalEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Educación de persoas adultasDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Servizo de Programas de FormaciónColectivo:
ProfesoradoRueda anuncia un novo plan de investimentos para mellorar as infraestruturas educativas ata 2028 dotado cun orzamento inicial de máis de 210 M€
Summary:
Destaca as obras de rehabilitación dun “edificio emblemático e con moita historia” coma o IES Valle-Inclán nas que a Xunta inviste 4,7 M€
Salienta que o curso escolar 2024-2025 é o primeiro no que Galicia aplica a gratuidade en todas as etapas educativas desde as escolas infantís ata a universidade
O novo curso arranca cun incremento récord de profesorado, a redución dos rateos ou a mellora da atención á diversidade
Idioma GallegoO presidente da Xunta, Alfonso Rueda, fixo fincapé hoxe no éxito do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, iniciado en 2021, “para adaptar os diferentes edificios ás novas necesidades” do ensino público e anunciou un novo plan de mellora das infraestruturas educativas “para os vindeiros tres anos” que contará cun orzamento inicial de máis de 210 millóns de euros. O obxectivo é poder levar a cabo preto de 200 intervencións no período 2025-2028.
Así o salientou durante unha visita ao IES Valle-Inclán de Pontevedra, na que estivo acompañado polo conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, coincidindo co inicio do novo curso académico. Este mesmo centro está a ser obxecto, a través dun investimento público de 4,7 M€. O presidente fixo fincapé na importancia desta rehabilitación -que estará rematada a principios do ano que vén- xa que se trata “dun edificio emblemático e con moita historia”.
O titular do Goberno galego quixo aproveitar para destacar a importancia do labor docente ao mesmo tempo que salientou os avances no sistema educativo galego nas últimas décadas, facendo referencia aos logros en excelencia, equidade e innovación. Cómpre destacar os bos resultados obtidos polos estudantes galegos no informe PISA e a redución da taxa de abandono escolar a mínimos históricos –apenas supera o 9 %–, así como a posición de Galicia como líder en equidade a nivel nacional e unha das comunidades autónomas mellor equipadas tecnoloxicamente.
Gratuidade en toda a etapa escolarNeste contexto, Rueda lembrou que o curso escolar 2024-2025 será o primeiro no que Galicia implanta a “absoluta gratuidade” no ensino público “desde os inicios ata a universidade”.
Ademais, outras das novidades para este curso, froito dun acordo histórico cos sindicatos, son o incremento récord do profesorado, a redución dos rateos nun 20 %, a mellora da atención á diversidade ou o Plan MEGA, orientado a fomentar o éxito escolar do alumnado con medidas como a atención ás necesidades educativas especiais, entre outras.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalListaxe definitiva de persoas seleccionadas na modalidade B do programa Retorna Talento FP 2024/2025
Publicada a listaxe definitiva de persoas seleccionadas para cada ensinanza ofertada, persoas excluídas e renuncias na modalidade B do programa Retorna Talento FP 2024/2025.
Tema:
Programas e plans EscolarizaciónEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Innovación Profesional e Coordinación co Sistema Produtivo Servizo de Relación co Sistema Produtivo, Orientación e Inserción LaboralColectivo:
AlumnadoGalicia contará este curso con 31.603 profesores, a cifra máis alta da historia no ensino da comunidade
Summary:
Román Rodríguez sinala que o récord de docentes “é o resultado de distintas medidas e do compromiso da Xunta coa mellora continua na atención ao alumnado”
Explica que Galicia inicia este curso “a maior modernización do sistema educativo en 30 anos”, que avanzará progresivamente grazas ao histórico acordo sindical
Celebra que Galicia sexa “a primeira comunidade autónoma -e a única polo de agora- cun ensino público gratuíto desde as escolas infantís ata a Universidade”
Menos alumnos por aula, máis atención á discapacidade, coidado do rural e reforzo das Matemáticas e da lectura, entre as principais novidades deste curso
O maior investimento por alumno, os resultados de PISA ou a caída do abandono escolar son algúns dos datos que certifican a boa saúde da educación galega na súa aposta pola igualdade de oportunidades, a cultura de esforzo e a excelencia
Idioma GallegoGalicia contará este curso cun total de 31.603 profesores, a cifra más alta da historia no ensino da Comunidade. Así o avanzou hoxe o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, quen compareceu no Pleno do Parlamento, a petición propia, para informar sobre as políticas educativas no inicio do curso escolar 2024-2025 que arranca mañá na Comunidade con 307.854 estudantes, 3.289 menos, especialmente nas etapas de Infantil e Primaria.
Este récord de docentes demostra a aposta do Goberno galego polo ensino baixo o liderado do seu presidente, Alfonso Rueda, e “é o resultado de distintas medidas que introducimos no sistema e do compromiso da Xunta coa mellora continua na atención ao alumnado”, afirmou Román Rodríguez. Aumenta o profesorado e o número de aulas malia ter menos estudantes grazas á batería de melloras que se estrean e que, como explicou, abren o proceso “de maior modernización do ensino galego dos últimos 30 anos”.
Esta cifra podería experimentar aínda algunha lixeira variación consecuencia de xestións finais, pero o conselleiro quixo compartila xa no Parlamento tal e como comprometeu durante o mes de agosto, un tempo no que os equipos técnicos non deixaron de traballar na preparación do curso. A eles, e a todos os profesionais que xa agardan a chegada do alumnado nos centros, transmitiulles o seu agradecemento e desexoulles un bo curso.
Enorme avance no último cuarto de século“Superado o primeiro cuarto do século XXI, é o momento de sentar as bases da que será a educación galega do futuro”, expuxo Román Rodríguez. Antes de explicar cal será a folla de ruta, repasou os avances conseguidos nos últimos 25 anos, nos que Galicia consolidou “un modelo educativo propio que funciona” e que se basea “na igualdade de oportunidades, na cultura do esforzo e na excelencia e que está avalado polos resultados”.
Neste senso, enumerou cifras como o investimento, que medrou ata os actuais 3.000M€ e que sitúa a Galicia como unhas das comunidades que máis inviste por alumno, con case 1.000€ máis que a media española. E no apartado dos resultados, citou variables como o informe PISA, onde pasamos de estar por debaixo da media de España e da OCDE a liderar ámbitos como o científico, o pensamento creativo ou a equidade; e o abandono escolar, que diminuíu de case o 30% no 2000 ao actual 9%, o que nos coloca de novo nos primeiros postos estatais. Tamén o nivel de inglés ou a FP, cuxa inserción laboral medrou dun 30% no 2009 ao 85% actual, con case o dobre de estudantes dos que había entón.
“Estas cifras son froito de políticas estables, dunha visión a longo prazo e, por suposto, do traballo e do compromiso dos membros da comunidade educativa”, resumiu.
Cinco liñas mestras para un novo camiñoO conselleiro pasou entón a explicar “o novo camiño” que inicia este curso o ensino galego grazas ao histórico pacto asinado hai un ano con tres das catro organizacións sindicais representadas na Mesa Sectorial, a quen novamente agradeceu a súa altura de miras para acadar puntos de acordo que garantan a mellor educación a curto, medio e longo prazo e permitir o inicio de curso “coa maior batería de medidas e novidades en décadas”.
Precisamente este acordo é a primeira das cinco liñas coas que Galicia vai planificar a educación do futuro, adiantándose ao resto de España. Aí atópanse medidas como a mellora das rateos, cun 20% menos de alumnos por aula para dar unha mellor atención, e que este curso mantén abertas máis de 200 aulas que pecharían coas vellas rateos.
A mellora comeza xa en 4º de Infantil, que pasa dun máximo de 25 a 20 alumnos, e irase estendendo progresivamente ao resto de niveis, que xa se benefician doutras medidas que consolidan a Galicia como unha das comunidades con mellores rateos medias. Como lembrou, a nova lei educativa estatal foi unha oportunidade perdida neste senso, pois non modificou as rateos, de aí que Galicia decida agora adiantarse e facelo por si mesma.
Medidas pioneiras en España na atención á diversidadeA segunda das liñas é o Plan MEGA de mellora educativa de Galicia, aprobado a semana pasada polo Consello cun investimento de máis de 77M€. Del derívase o reforzo de docentes para alumnado con necesidades educativas especiais e vulnerable. Nese senso, recordou que Galicia se adianta ao resto de España ao computar de maneira especial o alumnado discapacitado, que contará por dous o por tres en función da súa situación.
Galicia xa era a comunidade máis inclusiva do Estado –como acreditan os datos do Ministerio de Educación– “e agora damos un novo paso incorporando unha medida pioneira en España que non existe en ningunha outra comunidade autónoma”.
O Plan MEGA tamén vai permitir o reforzo das Matemáticas e da lectura, o impulso dunha rede de centros referentes que sexan exemplos destacados en diversos campos e un programa de apoio para o alumnado estranxeiro que chega a Galicia. “Non só aspiramos a mellorar o rendemento académico, senón tamén a crear un ambiente que fomente o desenvolvemento integral de cada estudante”, declarou o conselleiro.
Máis de 278M€ e 2.700 obras para mellorar os centrosO Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, cunha renovación dos centros educativos sen procedentes, é a terceira das liñas. A Xunta leva investidos no período 2021-2024 máis de 278M€ en case 2.700 obras, cun novo modelo de arquitectura onde todo está ao servizo da aprendizaxe, facilitando espazos máis versátiles e mellor equipados para traballar en base a novas metodoloxías e propiciando unha maior eficiencia enerxética.
Este plan está a permitir a ampliación de 43 centros en toda a Comunidade e a construción do novo colexio do Milladoiro, en Ames, que vén de ser licitada. Respóndese así ás necesidades de matrícula en zonas con maior dinamismo demográfico, como se ten feito cunha vintena de centros desde 2009 cun investimento de 94M€. Ante isto, reclamou unha vez un Plan Nacional de Infraestruturas Educativas ao Ministerio de Educación.
Alongar á escolarización como mínimo ata os 18 anosEn cuarto lugar, Román Rodríguez abordou un novo impulso á Formación Profesional a través do novo Plan FPGal360 –outro compromiso electoral en marcha– co obxectivo do “de que ningún cidadán chegue aos 18 anos sen algún tipo de titulación que o habilite para entrar no mercado laboral” e afondar na redución do abandono escolar en Galicia.
En paralelo, continuarase co Plan Conecta, que este ano permite crear 46.714 prazas de novo ingreso para que todas as persoas que queiran cursar FP poidan facelo. Ao respecto, lembrou que segue aberto o período de matrícula e animou a inscribirse. Unha vez remate este período –avanzou–, a Consellería estará en disposición de facer balance.
Aforro de ata 3.000€ por fillo nas familiasCompletan estas cinco liñas o reforzo integral das políticas de apoio ás familias. “Galicia xa é, deste curso, a primeira comunidade autónoma –e a única polo de agora– cun sistema educativo público gratuíto desde as escolas infantís ata a Universidade”, salientou.
Ás medidas xa en marcha desde hai varios anos, súmase agora a gratuidade da Universidade, o que permite un aforro medio por fillo de 3.000€. “O sistema educativo ten un poder transformador e é un dos recursos máis importantes dos que dispoñemos as administracións para dar as mesmas oportunidades a todos os cidadáns”, opinou o conselleiro sobre esta nova medida coa que se cumpre outro compromiso electoral.
A maiores, lembrou todo o abano de iniciativas coas que a Xunta aforra 100M€ ás familias galegas, como as axudas de libros de texto a material escolar, o reparto de 400.000 libros de balde, a conxelación dos prezos dos comedores ou a gratuidade do transporte, dous servizos estes últimos nos que Galicia inviste moito máis que a media española.
Maior investimento e proximidade no ruralRomán Rodríguez dedicou un apartado especial ao ensino rural, no que Galicia é un referente de proximidade a pesares da dispersión xeográfica ao contar con centros de Infantil e Primaria en máis do 90% dos concellos fronte á media de España do 55%. Isto esixe un maior investimento que posibilita que os estudantes teñan as mesmas posibilidades e acaden os mesmos resultados académicos, blindando así a equidade.
Tamén o rural se beneficia das medidas de mellora, ás que se suman algunhas concretas como o feito de manter abertos centros con cinco alumnos cando se aprecie unha evolución positiva da matrícula (aínda que o mínimo por razóns pedagóxicas e de socialización se sitúe en seis) ou a mellora nos agrupamentos. Se ata o pasado curso o número máximo de alumnos de distintos cursos de Infantil que compartían unha mesma aula era de 18, a partir deste curso será de 14, medida que se seguirá ampliando.
Un profesorado renovado e recompensadoNo apartado de melloras, tamén abordou as da carreira profesional docente, que se traduce desde o pasado xaneiro en melloras retributivas para recompensar o esforzo dos docentes, especialmente dos que máis se forman e dos que asumen labores de responsabilidade. Só este ano, estes aumentos supoñen un investimento autonómico de 14 M€. Tamén melloras no horario lectivo, nunha menor burocracia ou na conciliación.
Destas medidas poderán comezar a beneficiarse tamén os 1.256 novos docentes que veñen de obter unha praza nas oposicións realizadas este verán. Engádense ás 18.500 prazas convocadas en distintos procesos desde 2009 e que fan que Galicia teña hoxe a taxa de interinidade docente máis baixa do Estado logo dunha ampla renovación.
Na recta final da súa intervención, Román Rodríguez abordou outras iniciativas centradas na mellora da convivencia, nas linguas estranxeiras ou no ensino dixital, apostando por un modelo híbrido que combine papel e tecnoloxía e que se prepara para o despregamento da intelixencia artificial co obxectivo de aproveitala na administración educativa.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalA Xunta inviste máis de 278M€ en case 2.700 obras para modernizar e mellorar os centros educativos
Summary:
Rueda salienta que o Goberno galego cumpre co Plan de nova arquitectura pedagóxica 2021-2024, unha folla de ruta “que non tiña precedentes ata o de agora”
Están en marcha o 98 % das intervencións incluídas na planificación, mentres que as restantes están xa comprometidas para a súa próxima execución
Amplíanse 43 centros cun fondo de case 68M€ para atender as necesidades de matrícula e de formación do alumnado en zonas con dinamismo demográfico
As intervencións buscan mellorar o confort de alumnado e profesorado, optimizar o consumo enerxético e dotar os centros de espazos máis actuais
Idioma GallegoO Consello da Xunta analizou hoxe o balance desenvolvido pola Consellería de Educación, Ciencia, FP e Universidades a través do Plan de nova arquitectura pedagóxica no período 2021-2024. Nel, conclúese que o labor de rehabilitación e mellora de colexios e institutos supuxo un investimento de máis de 278 millóns de euros.
Tal e como salientou o presidente do Executivo autonómico, Alfonso Rueda, “cumprimos con este plan que era moi ambicioso, que non tiña precedentes ata o de agora e que sen dúbida é moi importante na modernización dos centros educativos”.
Segundo destacou o máximo responsable do Goberno galego, “seguimos traballando para facer dos centros educativos públicos en Galicia espazos confortables, accesibles e axeitados ás novas políticas educativas que estamos poñendo en marcha”.
Así, o plan inclúe case 2.700 actuacións para mellorar as instalacións de escolas, colexios, institutos, centros integrados de FP e conservatorios dependentes do Executivo autonómico. Neste momento están rematadas, en execución ou licitadas o 98 % delas, por un importe de máis de 229M€. O 2 % restante xa está comprometido, de tal forma que boa parte xa contan con proxecto encargado ou en revisión para a súa próxima execución. O orzamento inicial para estas actuacións é de 49M€, cifra que se incrementará unha vez que os servizos económicos terminen de perfilar a intervención.
Por provincias, a distribución das actuacións e o seu orzamento é a seguinte:
Provincia
Obras en marcha: rematadas,
en execución ou licitación
Obras comprometidas
Grandes
obras
Obras pequenas
e medianas
Instalacións fotovoltaicas
A Coruña
107 actuacións
861 actuacións
20 actuacións
22 actuacións
64,3M€
12,5M€
566.000 €
20,1M€
Lugo
46 actuacións
367 actuacións
14 actuacións
6 actuacións
27,5M€
7M€
387.000 €
1,1M€
Ourense
28 actuacións
585 actuacións
7 actuacións
8 actuacións
25,8M€
13,1M€
205.000 €
6M€
Pontevedra
132 actuacións
460 actuacións
21 actuacións
11 actuacións
63,2M€
14,2M€
582.000 €
21,8M€
Construción e ampliación
Esta planificación comprende tanto obras de grande envergadura como a dotación de instalacións fotovoltaicas e as intervencións de pequena e mediana envergadura. As primeiras teñen períodos de execución de varios meses, de aí que as actuacións se desenvolvan en convivencia coa actividade escolar, algo no que a Consellería ten moita experiencia como demostra, por exemplo, a ambiciosa rehabilitación integral desenvolta no IES Valle-Inclán de Pontevedra, a de maior importancia con case 5M€. As obras de menor complexidade céntrase maioritariamente no verán, un momento en que se intensifica especialmente a actividade para aproveitar as vacacións do alumnado.
Como grandes obras inclúese a creación de novos centros, como a do Centro Galego da Innovación da Formación Profesional Eduardo Barreiros (Ourense), o colexio do Milladoiro (Ames) ou o futuro Instituto IES Domingo Villar (Vigo). Estes dous últimos serán os primeiros centros educativos construídos de xeito íntegro baixo os parámetros do plan no que atinxe á accesibilidade, a flexibilidade e á relación coa contorna.
Cómpre salientar tamén as grandes ampliacións, casos que na súa meirande parte supoñen a construción de novos edificios e talleres. En concreto, a Xunta está a ampliar 43 centros de ensino cun investimento de case 68M€ para atender as necesidades de matrícula e de formación do alumnado. Están xa rematadas aos do institutos IES Sanxillao (Lugo, 1,8M€), IES Xesús Ferro Couselo (Ourense, 3,3M€) ou a do Centro Integrado de FP Carlos Oroza (Pontevedra, 2,8M€). Ademais, están xa en marcha outras de gran envergadura como a ampliación do Instituto IES Aquis Celenis (Caldas de Reis, 5,4M€) ou a do Centro Integrado de FP Fontecarmoa (Vilagarcía de Arousa, 3,7M€).
Cambio de cubertas, fiestras, iluminaciónAdemais, e no marco do compromiso do Plan de nova arquitectura pedagóxica de avanzar na eficiencia enerxética dos centros educativos, as grandes obras inclúen tamén rehabilitacións integrais e as melloras sectoriais, estas últimas incluíndo cambios de cubertas, de luminarias ou de fiestras, principalmente. Todas elas están encamiñadas a mellorar o confort térmico e acadar destacados aforros no consumo de luz e calefacción.
Neste mesmo marco investíronse case 6,4M€ en dotar os centros educativos de seis instalacións de biomasa e 62 fotovoltaicas. Neste punto destaca a construción de dúas centrais de biomasa: o do rueiro educativo de Lugo que abastece diferentes centros educativos (2,2M€) e a do Colexio CEIP Xesús Golmar (Lalín, 1,1M€).
Aseos, accesibilidade, patiosA maiores, no período 2021-2024 executáronse 2.273 actuacións de pequena e mediana envergadura, orientadas a mellorar as instalacións dos centros e os seus servizos, e que van desde tarefas de pintado ata reformas de aseos, pequenas melloras de accesibilidade, obras de humanización ou arranxos de patios, entre moitas outras.
Só ao longo deste verán concéntranse 535 actuacións deste tipo nas catro provincias, por preto de 12,5M€, ao abeiro do Plan de benestar e accesibilidade na escola (Plan BEN_Estar 2024). Trátase da contía máis elevada dos últimos cinco anos.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalA Xunta incrementa nun 33% o investimento en I+D+i nas universidades e supera xa os 58M€ no período 2019/2024
Summary:
O Consello da Xunta autoriza unha nova inxección de 4,6M€ para que os órganos universitarios intensifiquen a súa actividade investigadora e científica este ano
Estes novos recursos reforzan ata case 19M€ os convenios iniciais de 14M€ para o bienio 2023-24, e formalizaranse a través de addendas coa USC, UVigo e UDC
Idioma GallegoA Xunta de Galicia reforza o apoio ás universidades públicas galegas en materia de I+D+i cunha nova inxección orzamentaria de 4,6M€ para este ano, o que supón incrementar nun 33% a dotación inicial acordada correspondente ao período 2023-24 para impulsar esta liña prioritaria do Plan Galego de Financiamento Universitario.
Deste xeito, a través das respectivas addendas autorizadas hoxe polo Consello da Xunta coa Universidade de Santiago de Compostela (USC), coa de Vigo (UVigo) e coa da Coruña (UDC), estas pasarán a percibir preto de 19M€ fronte aos 14M€ iniciais co fin de fortalecer e enriquecer as súas infraestruturas científicas e equipamento tecnolóxico. Este reforzo supón, ademais, consolidar un investimento de máis de 58M€ en accións estratéxicas de I+D+i nas universidades públicas galegas no período 2019/2024
Así pois, as tres universidades pública galegas poderán ampliar, implementar e reforzar as accións previstas no convenio asinado en 2023 e que agora se enriquece cunha nova dotación orzamentaria por parte do Goberno galego, o que lles permitirá intensificar a actividade investigadora e aumentar a produtividade científica mediante a diversificación na chegada de recursos.
Entre os conceptos obxecto de financiamento está o reforzo dos centros de excelencia da Rede de Centros de Investigación do Sistema Universitario de Galicia, así como a captación e retención de talento investigador, o impulso e divulgación científica, estratexias para promover as titulacións duais e accións para a especialización dos campus. Tamén se inclúen as obras, o acondicionamento de laboratorios e adquisición de equipamento tecnolóxico de alta especialización.
Universidade de Santiago, 7,7M€No caso da USC, recibirá case 1,2M€ máis sobre os 6,5M€ do período 2023-24, polo que a contía final elévase a máis de 7,7M€. Con esta nova inxección, a Universidade compostelá vai reforzar as contías de apoio aos seus centros de investigación, á ampliación de contratos posdoutorais, aos seus centros da rede de Centros de Investigación, a actividades de divulgación da investigación e a promover melloras da calidade dos seus mestrados, entre outros.
Universidade de Vigo, 5,8M€Na Universidade de Vigo (UVigo), a contía total para 2023-24 elévase a máis de 5,8M€ con esta nova achega de 2,35M€ que neste caso concentrará en afianzar obras singulares de apoio á investigación, intensificar o apoio aos seus centros de investigación, o desenvolvemento de accións de alto impacto en I+D+i, captación de talento e promoción da calidade da docencia.
Universidade da Coruña, 5,2M€No caso da Universidade da Coruña (UDC) recibirá una inxección de 1,08M€ ata acadar unha contía total de máis de 5,2M€ entre 2023 e 2024. Con este reforzo, afianzará as accións de impacto xa previstas co impulso específico do desenvolvemento do proxecto SIGMA ACADEMICS (un novo software de xestión académica integral), o reforzo dos campus de especialización e dos laboratorios tecnolóxicos, entre outros.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalResolución do 6 de setembro de 2024 pola que se resolve definitivamente a convocatoria de licenzas por formación para o curso 2024/25 destinadas ao funcionariado docente non universitario
A consulta dos proxectos (Valoración anexo VI) realizarase desde o 7 ao 11 de outubro de 2024 concertando cita previa nos enderezos:
cafi.tic@edu.xunta.gal (para as modalidades 1.a.1, 1.b.1 e 2)
sfp@edu.xunta.gal (para as modalidades 1.a.2, 1.b.2 e 3).
Anuncio principal:
Licenzas por formación para o curso académico 2024/25 destinadas ao funcionariado docente non universitarioTema:
Licenzas por formaciónEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Educación de persoas adultasDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe Permanente Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Servizo de Programas de FormaciónColectivo:
ProfesoradoÚltimos artigos
Frases
Albert Einstein