Skip to Content

bloque-estilos

Idiomas

2ª Reunión Transnacional: Caen

imagenew: 
Data: 
Xov, 13/07/2017
Short Summary: 
Os días 10 a 13 de xullo, tivo lugar en Caen (Francia), o segundo encontro transnacional do proxecto Sfate no marco do programa Erasmus+ KA2. Á cita acudiu a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, socio coordinador do proxecto, xunto co resto dos socios de Sfate co obxectivo de levar a cabo diferentes visitas relacionadas co smartfarming na agricultura da rexión da Normandía:
  • Visita ao “AGRI'UP Village” pilotado pola Cámara de Agricultura de Caen, trátase dun programa específico que permitiu ás startups facer ensaios cunha rede de 3000 granxas. Algúns exemplos:
  • aforro enerxético a traverso de sensores en plantas de procesamento de leite para medir o consumo de enerxía da maquinaria mentras a utilizaban os traballadores.
  • intelixencia artificial para o marketing en liña, principalemente utilizado no agroturismo.
  • Visita ao Dôme FABLAB, onde o obxectivo é crear e compartir espazos de traballo conxunto. Entre outras ferramentas foron presentadas unhas gafas de realidade virtual, que poden ser utilizadas para o deseño de estructuras para granxas intelixentes “Normandie’s DRAAF program” e tamén o robot 3D virtual para horticultura, que está sendo utilizadao por centros de formación como ferramenta pedagóxica.
  • Visita a Blanche Maison granxa experimental que ten como obxectivo probar novas técnicas e transferir este coñecemento ao agricultor.

Programa

Galería de Imaxes



sfate_new | by Dr. Radut