Xornada de revisión do proxecto Sfate
Nela estiveron presentes diversos profesores da familia agrícola de centros de formación profesional galegos, así como persoal da Federación EFA Galicia e da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.
O portal Smart Farming é unha ferramenta que ofrecerá múltiples servizos relacionados coa agricultura intelixente orientándoa a múltiples perfís: estudantes, profesores, agricultores e empresarios. Un dos seus obxectivos principais é a creación de emprego no sector agrícola baseado no uso de novas tecnoloxías e a transferencia das devanditas innovacións ás zonas rurais.