Skip to Content

Plan Dixital: O proxecto Abalar / Edixgal

Para accederes ao noso Plan dixital, preme aquí

Na liña de transparencia e boas prácticas, a Consellería en materia de educación ven de poñer en marcha a aplicación para teléfonos móbiles e tabletas abalarMóbil.  Con ela, dinamízase a comunicación entre as familias e os centros na procura da mellora do proceso educativo do alumnado.

Esta nova canle de comunicación está destinada para todo o alumnado pertencente ao sistema educativo non universitario, se ben é certo que neste momento está en fase de probas.  Esperamos que o noso centro o teña operativo en breve.  Se queres máis información, preme aquí.

Se queres descargate aplicación no teu móbil ou tableta captura o código QR correspondente.

      Sistema Android -->          Sistema Iphone -->    

Xa desde o curso académico 2012-2013, no que o centro incorporouse á Rede abalar, comezamos a traballar nas liñas de actuación postas a funcionar dende a Consellería: Servizos de integración e participación entre a Administración e as familias (o espazo Abalar e analaMóbil), equipamentos e infraestrutura (dotacións), e formación e fomento da cultura dixital.

Se queres máis información sobre o Proxecto Abalar, preme aquí

O espazo Abalar proporciona (para tódolos niveis educativos do centro)

  • Ás familias
    • Información directa do absentismo e seguimento académico dos fillos
    • Comunicación directa e multicanle co profesorado e titores: Solicitude de citas de titoría, xustificación de faltas de asistencia, consulta de incidencias e avisos
    • Accede á guía
  • Aos profesores
    • Facilita novas canles de comunicación entre pais, profesorado e a dirección do centro: Xestión de citas de titoría, avisos, incidencias e notificacións
    • Permite a consulta de información persoal e de ligazóns
    • Accede á guía
  • Aos centros
    • Dispón de un taboleiro virtual que permite manter informada a toda a comunidade educativa
    • Comunicación directa cos responsables e profesorado por medio de avisos a colectivos e a grupos
    • Accede á guía
  • A toda a comunidade educativa

Equipamentos e infraestruturas:

  • Na ESO
    • Un ultraportátil para cada alumno/a
    • Un portátil por aula para uso do profesorado
    • Un encerado dixital interactivo
    • Un proxector
    • Un armario para a carga dos equipos
    • Rede Wifi de última xeración
  • No bacharelato e materias específicas (música, Polos creativos, obradorio de tecnoloxía e arte/clásicas)
    • Dez ultraportátiles para cada grupo
    • Un portátil por aula para uso do profesorado
    • Un encerado dixital interactivo
    • Un proxector
    • Un armario para a carga dos equipos

Nas normas de organización e funcionamento (NOF) do noso centro temos unha Normativa de uso, mantemento e coidado do ultraportátil Abalar.

Formación e fomento da cultura dixital

  • O obxectivo do Plan de formación é dar resposta ás necesidades do profesorado e das familias para acadar a plena integración das TIC no sistema educativo. A formación vai dirixida tanto aos coordinadores Abalar, coma ao profesorado que participa nas aulas Abalar; ás familias e ao profesorado que non estea a participar nas aulas Abalar.  O plan de formación iniciouse o curso 2009/2010 e continúase na actualidade


page | by Dr. Radut