Skip to Content

Novas

Vacacións Semana Santa 2022

As vacacións de Semana Santa abranguerán dende o luns 11 ata o luns 18 de abril de 2022, ámbolos dous incluidos, segundo se establece no calendario escolar.

Día do Libro 2022 - Concurso de carteis

A Biblioteca do IES Val do Asma convoca un concurso de carteis para conmemorar o Día do Libro. Acceso ás bases.

Debate na Deputación sobre o futuro do centro

Mañá martes 30 de marzo de 2022 as 9:30h debatirase na Deputación de Lugo a Proposta de Goberno en relación co futuro do IES Val do Asma.

Bolsas de estudos 2022-2023 BAC e FP

NOVO!!! O prazo amplíase ata o 16 de maio de 2022

Importante: este ano adiántase o prazo para solicitar bolsas do curso 2022/23!!!

O prazo para solicitar bolsas de estudos para BAC e para FP, convocadas polo Ministerio de Educación, abrangue dende o 30 de marzo ata o 12 de maio de 2022 (ampliado ao 16 de maio). Para acceder á solicitude e toda a información preme aquí.

Para máis información acude ao Departamento de Orientación.

Mobilidades alumnado a Francia

Sete alumnas e alumnos do IES Val do Asma, acompañadas/os por dúas profesoras, desplázanse a Marsella (Francia), entre o 25/03/22 e o 31/03/22, a un encontro co alumnado do Lycée Professionnel Le Chatelier para continuar, por primeira vez presencialmente, co seu proxecto Erasmus+ "Alumnado europeo que descubre o mundo profesional"(2020-1-FR01-KA229-080491_2). Acceso ás imaxes.

18/03/22 Moción do PSOE de Chantada sobre os recortes educativos no IES Val do Asma

17/03/22 O IES Val do Asma recolle firmas para non quedar sen ESO nin bacharelato

08/03/22 Entrega premios concurso escolar carteis Xunta de Galicia con motivo do Día internacional da muller

Na entrega de premios onde o traballo do alumnado do IES Val do Asma recibiu o segundo premio na 3º categoría dirixida a estudantes de 3º e 4º de ESO, Bacharelato e FP a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, anima á mocidade a ser “embaixadora” da igualdade, na entrega de premios do concurso de carteis convocado para conmemorar o 8-M. Ler máis.

09/03/22 El Progreso: As dúas docentes do Val do Asma que viaxaron a Marsella están de volta en Chantada

Syndiquer le contenu


by Dr. Radut