Skip to Content

Novas

Prazo de presentación de solicitudes FP en réxime ordinario e FP dual curso 22-23

A presentación de solicitudes para cursar FP en réxime ordinario e FP dual abrangue dende o 23 xuño ás 9:00 ata 5 xullo ás 13:00 horas.

Acceso á información de todos os prazos do proceso de admisión da FP en réxime ordinario e na FP dual

NOVIDADE!!! No IES Val do Asma impartirase a partires do curso 2022-2023 o CM Atención a persoas en situación de dependencia na modalidade de dual!!!

Prazo de matrícula ESO e BAC curso 22-23

O prazo para formalizar a matrícula abrangue do 25 de xuño ata o 10 de Xullo de 2022.

Admisión a ciclos de FP de grao básico 22-23

Requisitos de acceso:

a) Ter feitos quince anos ou facelos durante o ano natural en curso.
b) Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcionalmente, ter cursado o segundo curso.
c) Ter proposto o equipo docente aos pais, ás nais ou ás persoas titoras legais a incorporación do alumno ou da alumna a un ciclo formativo de grao básico.

O día 20 de xullo farase pública a listaxe do alumnado admitido e non admitido en cada ciclo formativo de grao básico.

Acceso á información

No IES Val do Asma impártense o CB Informática de oficina e o CB Matemento de vehículos.

Entrega notas finais e reclamacións 2022

Luns 27 de xuño de 2022 ás 10:00h: Entrega de notas (na aula de referencia).

Luns 27 e martes 28 de xuño de 2022: Revisións de exames e reclamacións ante os departamentos. Acceso á información do proceso de reclamacións.

Xoves 30 de xuño de 2022: Resolución das reclamacións (dirección).

 

 

Axudas libros e material escolar na ESO para o curso 22-23

Convocada a participación no fondo solidario de libros de texto e as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado na ESO.

Prazo de presentación: dende 19 de maio ata 22 de xuño de 2022

Para máis información preme aquí.

Axudas económicas FCT e formación FP dual

Publicada a ORDE do 7 de xuño de 2022 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP Dual (código de procedemento ED202A). Os períodos de presentación de solicitudes son os seguintes:

  • O primeiro prazo, entre o 18 de xuño e 18 de xullo de 2022 (31 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG), para o alumnado que realizase a FCT nos períodos outubro 2021-marzo 2022 e nos períodos xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e abril-xuño de 2022. Acollerase a este primeiro prazo o alumnado de FP dual.
  • O segundo prazo será o comprendido entre o 15 de outubro e o 15 de novembro de 2022, para o alumnado de ciclos formativos que lle corresponda realizar a FCT no períodode setembro-decembro de 2022.

Acceso ao extracto da orde.

 

Arela de 8 mulleres emprendedoras no rural (VIII) - Montse Fernández

Acceso á entrevista a Montse Fernández, gruísta e docente. Se queres ter máis información sobre este proxecto interdisciplinar preme aquí.

Arela de 8 mulleres emprendedoras no rural (VII) - Mercedes Vázquez

Acceso á entrevista a Mercedes Vázquez de Airoá Comunicación. Se queres ter máis información sobre este proxecto interdisciplinar preme aquí.

Calendario exames extraordinarios

As datas de celebración das probas extraordinarias son:

  • Para 1º e 2º BAC: entre o luns 20 e o mércores 22 de xuño de 2022. Acceso ao calendario das probas extraordinarias de BAC
  • Para 1º e 2º CS Administración e finanzas: entre o venres 17 e o mércores 22 de xuño de 2022. Acceso ao calendario das probas extraordinarias do CS

Arela de 8 mulleres emprendedoras no rural (VI) - Maira Ratón

Acceso á entrevista a Maira Ratón, enóloga. Se queres ter máis información sobre este proxecto interdisciplinar preme aquí.

Syndiquer le contenu


by Dr. Radut