Skip to Content

Novas

Concurso de Humanización do muro exterior do centro

O muro que separa o IES Val do Asma do exterior non nos gusta. Cremos que chegou o momento de darlle cor e vida así que –a través do equipo directivo do centro–, ponse en marcha un Concurso de humanización, que ten como principal obxectivo fomentar a creación artística entre a comunidade educativa. O concurso artístico está dirixido a todo a toda a comunidade educativa e consiste na proposta de ideas para o muro.

Prazo de presentación de propostas: xoves 31 de marzo de 2022.

Acceso ás bases do concurso.

Teléfono móbil de contacto

Para calquera comunicación urxente por mor da COVID-19 habilítase o seguinte teléfono móbil: 638 75 21 87

Prazo presentación solicitudes probas acceso a ciclos de Grao Superior

Aberto o prazo de presentación de solicitudes que abrangue dende o 31 de xaneiro ao 11 de febreiro de 2022, ambos os dous incluídos. Para máis información accede á convocatoria.

Empresas colaboradoras FP dual de 2º ano CS Administración e finanzas

Parte do alumnado do 2º curso do CS Administración e finanzas está a realizar a modalidade de dual grazas á colaboración de dúas empresas da comarca:

Dous alumnos realizan parte da súa formación na primeira das empresas con sede en Taboada e unha alumna na segunda empresa, na súa oficina de A Barrela.

Protocolos e Comunicados COVID 21-22

Procedemento de admisión de alumnado de ESO e BAC para o curso 2022/2023

O alumnado novo procedente de centros adscritos realizará a súa reserva de praza dende o 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2022.

O resto do novo alumnado, que non proceda de centros adscritos, poderá presentar a súa solicitude de admisión dende o 1 ao 20 de marzo de 2022, ambos incluídos.

Acceso a toda a información sobre o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2022/2023.

Vacacións Nadal 21-22

O período de vacacións de Nadal abrangue dende o mércores 22 de decembro de 2021 ao venres 7 de xaneiro do 2022, ámbolos dous incluídos. O horario de atención ao público, nos días laborables, será de 10:00 a 13:00 horas durante este período. Se non poden personarse nas oficinas ou para solicitar documentación, con carácter urxente, pode chamar neste horario aos teléfonos 982 870 236 ou 638 752 187.

Bo Nadal!

Imaxes das postais gañadoras elaboradas polo alumnado de ESO.

 

Programa eduemprende Actúa

O IES Val do Asma foi seleccionado no curso 21-22 para participar no programa eduemprende Actúa.

Listado de centros seleccionados.

04/12/21 COVID-19 Comunicado para as familias

Acceso ao comunicado do Equipo directivo sobre un novo caso COVID detectado no centro.

 

02/12/21 COVID-19 Comunicado para as familias

Acceso ao comunicado do Equipo Covid sobre o desenlace do caso detectado na pasada semana.

 

Syndiquer le contenu


by Dr. Radut