Skip to Content

Taboleiro, Delegados/as

Acto de Graduación 2024

07/06/2024 18:30
07/06/2024 21:00

Con motivo da finalización da formación escolar nos 2º cursos (BAC, CM e CS), o IES Val do Asma celebrará un acto de graduación ao que asistirán familiares e amigos/as do alumnado. Neste acto cada alumno/a recibirá a orla de grupo e un diploma acreditativo da súa formación.

Destinatarios/as: Alumnado de 2º BAC, 2º CM Electromecánica de Vehículos Automóbiles, 2º CS Administración e finanzas e 2º CS Desenvolvemento de Aplicacións Web.
Lugar: Auditorio Municipal de Chantada.
Organiza: DACE (Departamento de Actividades Complemetarias e Extraescolares)

Encontro coa escritora Andrea Maceiras

07/06/2024 11:45
07/06/2024 12:35

Alumnado do IES Val do Asma asistirá a un encontro coa escritora Andrea Maceiras co fin de dialogar arredor das obras A folla azul e O que sei do silencio.

Destinado a: Alumnado de 1º, 2º, 4º ESO e 3º PDC.
Lugar: Salón de Actos.
Organiza: Departamento de Galego.

 

Visita ao Encoro de Belesar

05/06/2024 09:30
05/06/2024 12:00

Visita á central hidroeléctrica do encoro de Belesar.

Dirixido a: Alumnado de CB informática de oficina, CB Mantemento de vehículos e CM Electromecánica de vehíclos.
Lugar: Belesar (Chantada).
Organiza: Departamento de Automoción.

Charla "Sensibilización sobre a diversidade afectivo - sexual"

04/06/2024 11:45
04/06/2024 13:25

Charla impartida por membros da asociación Arelas.

Dirixido a: Alumnado de 4º ESO.
Lugar: Aula de referencia.
Organiza: Departamento de Orientación.

ABAU - Xuño 2024

04/06/2024 09:00
06/06/2024 13:00

Celebración da convocatoria ordinaria das ABAU. Acceso ao calendario das probas.

Encontro co xornalista e escritor Carlos Rodríguez Calvo

31/05/2024 10:25
31/05/2024 11:15

O xornalista e escritor Carlos Rodríguez Calvo do Carballiño, presentará o seu libro "El hombre blanco del río Nieva" como parte das actividades da semana da prensa.

Dirixido a: Alumnado de 2º ESO.
Lugar: Aula de música.
Organiza: Departamento de Música.

Final do Campionato de Xadrez

30/05/2024 11:15
30/05/2024 11:45

Celebración da final do campionato de xadrez. Neste torneo, aberto a todo o alumnado e persoal do centro, participaron 15 alumnos e alumnas de 1º ESO, 3º ESO e 3º PDC e un profesor e desenvolveuse desde o 15 ao 30 de maio. Na primeira fase formáronse 4 grupos nos que os integrantes xogaron entre si e pasau un participante á seguinte rolda, as semifinais, que se celebraron os días 27 e 28 de maio durante os recreos. 

Axudas libros e material escolar na ESO para o curso 24-25

Convocadas axudas para o fondo solidario de libros de texto e as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado na ESO. O prazo de presentación abrangue desde o 21 de maio ata o 21 de xuño de 2024, ámbolos dous incluídos. Para máis información preme aquí.

Laboratorio de fotografía e identidade - 7ª sesión

27/05/2024 11:45
27/05/2024 12:35

Alumnado de 3º ESO e PDC terán unha nova sesión do laboratorio de fotografía e identidade  "O espello de Claude" impartido polo psicólogo e fotógrafo Fuco Reyes, ofrecido por Afundación.

Dirixido a: Alumnado de 3º ESO e 3º PDC.
Lugar: Aula de referencia.
Organiza: Departamento de Orientación.

Calendario exames extraordinarios xuño 2024

As datas de celebración das probas extraordinarias son:

Distribuir contenido


by Dr. Radut