Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« xoves Maio 01, 2014 »
Xov

Achegamos carteis e folletos informativos da segunda edición do Campus de Verán Científico-Técnico de Lugo que organiza a Universidade de Santiago de Compostela no Campus de Lugo, en colaboración co programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC”, a Fundación Barrié e a Deputación de Lugo.

O Campus de Verán Científico Técnico Lugo ten como obxectivos fomentar o interese do alumnado preuniversitario pola Ciencia e a Tecnoloxía e informar das titulacións relacionadas con elas no Campus de Lugo e das súas saídas laborais. Será eminentemente práctico, con obradoiros e proxectos científicos ou técnicos nos que o alumnado terá un contacto directo coas diversas ramas da ciencia e da tecnoloxía e coa contorna universitaria.

O Campus terá lugar do 23 ao 27 de xuño de 2014 e vai dirixido ao alumnado de cursos altos de ESO e Bacharelato, preferentemente 4º de ESO e 1º de BAC. O custe da matrícula é 40 EUR para o Campus sen aloxamento e 100–120 EUR con aloxamento. A matrícula inclúe a participación nas actividades conxuntas do campus e nun dos proxectos científicos ou técnicos, material necesario, seguro, xantar nun comedor universitario os cinco días do campus e diploma de participación da Universidade de Santiago de Compostela. O Campus con aloxamento inclúe todo o anterior máis actividades lúdicas, aloxamento, cea e almorzo no Albergue Lug2, con acompañamento de monitores titulados da A.D.C Lumieira Lugo.

 

A preinscrición ábrese o día 28 de abril e finaliza o 11 de maio.


http://www.usc.es/gl/cursos/campcientec

https://www.facebook.com/campcientec

Start: 01/05/2014 08:45

 ¿Por qué se festeja el 1° de mayo el Día internacional del trabajo?

En 1866, durante el Congreso Obrero reunido en Baltimore, Estados Unidos, se decidió luchar por conseguir una jornada de trabajo de 8 horas. El 1° de mayo de 1866, en Chicago, una manifestación de obreros que reclamaba una justa medida fue reprimida con gran violencia por la policía. Los siete obreros que habían hablado durante el acto fueron detenidos y después ahorcados.
En homenaje a ellos, el Congreso Internacional reunido en París en 1889, declaró el 1° de mayo Día del Trabajo.

Distribuir contido


by Dr. Radut