Skip to Content

MATRÍCULA CURSO 2024-2025

Establécese o período de MATRÍCULA para o curso 2024-2025 entre o 26 de xuño e o 7 de xullo. Prégase traer a DOCUMENTACIÓN necesaria xunto cos IMPRESOS da Matrícula e Autorización cubertos.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR COAS MATRÍCULAS

IMPRESO 1º ESOIMPRESO 2º ESO

  • Impreso de matrícula debidamente cuberto

  • Dúas fotos recentes tamaño carné co nome, apelidos e curso escrito por detrás

  • Fotocopia do DNI (só para 1º ESO)

  • Fotocopia do Libro de Familia (só para 1º ESO)

  • Fotocopia da Tarxeta Sanitaria (só para 1º ESO)

  • Certificado médico (só para 1º ESO)

  • Fotocopia do último Boletín de notas do curso anterior (só para 1º ESO)

  • Impreso de Autorizacións cuberto

  • No caso de separación ou divorcio, fotocopia da sentenza e convenio regulador

IMPRESO 3º ESOIMPRESO 4º ESO –  IMPRESO 4º ESO PDC

  • Impreso da matrícula debidamente cuberto

  • Dúas fotos recentes tamaño carné co nome, apelidos e curso escrito por detrás

  • Recibo do ingreso do Seguro Escolar: 1,12 € na seguinte conta de Abanca:

         IBAN   ES91 2080 0030 9731 1000 0069   

         Concepto: “Nome do alumno/a, Seguro Escolar”

  • Impreso de Autorizacións cuberto

  • Fotocopia do DNI (se non o entregou antes ou houbo modificacións)

  • Fotocopia do Libro de Familia (se non o entregou antes ou houbo modificacións)

  • Fotocopia da Tarxeta Sanitaria (se non a entregou antes ou houbo modificacións)

  • No caso de separación ou divorcio, fotocopia da sentenza e convenio regulador (se non foi presentado antes)

O prazo de matrícula estará aberto entre o 26 de xuño e o 7 de xullo. Para facilitar a xestión das matrículas e axilizar o proceso, establecemos o seguinte calendario de matrícula:

26, 27 e 28 de xuño1º ESO - 2º ESO

1 e 2 de xullo:  3º ESO - 4º ESO

O alumnado que non poida formalizar a súa matrícula nas datas indicadas, sempre poderá facelo durante o período de matrícula

O HORARIO de MATRÍCULA para todos os días será na Secretaría do instituto de 9:00 a 13:00 horas

DESCARGA DE IMPRESOS

(aquí podedes descargar a Autorización para o tratamento de imaxes así como os Impresos de matrícula correspondentes a cada curso)

AUTORIZACIÓN 1º ESO 2º ESO 3º ESO 4º ESO 4º ESO PDC

 

 

 

 

 

 

 

 

FONDO SOLIDARIO AXUDAS MATERIAL ESCOLAR

 

CONVOCATORIA AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2024 - 2025

 

PRAZO: ata o 21 de xuño de 2024

DESTINATARIOS/AS: Alumnado matriculado no curso 2024-2025 en Educación Primaria, Educación Secundaria ou Educación Especial

INFORMACIÓN: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

 

Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinados ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/2025

 FORMA DE PRESENTACIÓN:

  • Cubrindo manualmente o ANEXO I e ANEXO II e presentándoo no centro educativo, xunto cunha fotocopia do LIBRO DE FAMILIA onde aparezan todos os membros computables da unidade familiar, sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor, en caso de separación ou divorcio.
  • Cubrindo o ANEXO I e ANEXO II a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia co código de procedemento ED330B e presentándoo telemáticamente coa CHAVE 365, DNI electrónico, Certificado Dixital...

 

DATOS DO CENTRO:

  • DENOMINACIÓN DO CENTRO: IES URBANO LUGRÍS
  • CONCELLO: MALPICA DE BERGANTIÑOS
  • CÓDIGO DO CENTRO: 15008301

 

 

 

 

CALENDARIO EXAMES PENDENTES 2024

O calendario para a realización das probas extraordinarias das materias pendentes do  curso 2023-2024 serán os días 7 - 8 de maio de  2024 en HORARIO DE TARDE

 NOTA: NON HABERÁ BUSES

 

PROXECTO QUÉROTE +. CURSO 2023-2024

O noso alumnado de 3º de ESO, traballou durante todo o curso, no proxecto Quérote+.

 

Trátase dun proxecto no que traballaron unha serie de fichas relacionadas coa educación sexual, o desexo e a orientación sexual, o modelo de amor romántico, relacións a través das redes, métodos anticonceptivos...

 

Foi unha experiencia na que todos participaron activamente e coa que le levan grandes aprendizaxes, así como desmitificar certas concepcións que tiñan acadadas.

 

Sentímonos orgullosos do traballo realizado e como produto final, dexámosvos unhas fotos do traballo que levaron a cabo.

 

   

CONVOCATORIA BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO NEAE 2024-2025

Ábrese o prazo para solicitar as becas e axudas para aquel alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

  • Alumnado TDAH, que requira por un período da súa escolarización ou ao longo de toda ela, determinados apoios e atención específicas derivadas de discapacidade, de trastornos graves de conta ou de trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais.

 

  • Alumnado TEA

 

  • Alumnado con Altas Capacidades

 

O prazo para realizar a solicitude abarcará do 30 de abril de 2024 ao 13 de setembro de 2024 e realizarase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional.

ACCESO Á TRAMITACIÓN E INFORMACIÓN

CONVOCATORIA

BECAS MEC PARA O CURSO 2024-2025

Ábrese o prazo para solicitar as becas para estudos postobrigatorios dende o 19 de marzo de 2024 ata o 10 de maio de 2024 ás 15:00 horas.

QUEN PODE SOLICITAR ESTAS BECAS? Todos aqueles/as alumnos/as que se matriculen o vindeiro curso en:

  • Bacharelato.
  • Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para aceso a ciclos formativos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados.
  • Formación Profesional de grao medio e de grao superior.
  • Ensinos artísticos: profesionais e superiores.Ensinos de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia.
  • Ensinos deportivos.
  • Estudos relixiosos superiores.
  • Formación Profesional de Grao Básico.
  • Ensino universitario: Grados, Máster…

 

 

Para solicitala é necesario realízalo a través da Sede Electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

 

Deixámosvos un documento con toda a información e o proceso, así como a ligazón á Sede Electrónica onde teredes que realizar todas as xestións.

 

SEDE ELECTRÓNICA MEC

 

QUE FAGO DESPOIS DA ESO?

Aquí vos deixamos unha presentación coas opcións que podedes escoller ao rematar esta etapa no Instituto.

 

Agardamos vos sexa de axuda, e ante calquera dúbida, xa sabedes onde atoparnos!

 

Pincha na seguinte imaxe para poder visualizar a presentación.

 

 
 

RESERVA DE PRAZAS EN CENTROS DE ADSCRICIÓN

Ábrese o prazo para reservar prazas nos centros adscritos (IES Eduardo Pondal de Ponteceso).

 

Aquel alumnado que desexe continuar os seus estudios de Bacharelato no instituto de Ponteceso, ten que realizar esta reserva de praza.

 

O prazo de presentación de solicitudes comeza o 15 de xaneiro e remata o 5 de febreiro, ámbolos dous incluídos.

 

Tanto a presentación de solicitudes como a consulta dos listados de admitidos, que se publicará o 22 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumno (IES Urbano Lugrís de Malpica) ou a través da aplicación admisionalumnado.

 

Probas de Acceso a Ciclos de Grao Medio e Superior

Aberto o prazo para o acceso a ciclos de FP de grao medio e grao superior.

O período de inscrición para as probas de acceso a grao medio estará comprendido entre os días 26 de febreiro e 8 de marzo de 2024 (ambos os dous incluídos)

Data das probas: 23 de maio de 2024.

Estas probas están destinadas a aquelas persoas que, carecen dos requisitos académicos para acceder directamente e teñan dezasete anos ou os fagan no ano natural de celebración da proba, que queiran cursar un ciclo formativo de formación profesional. As probas de acceso acreditarán se a persoa posúe os coñecementos necesarios para cursar con aproveitamento as ensinanzas de formación profesional.

O período de inscrición para as probas de acceso a grao superiorestará comprendido entre os días 29 de xaneiro e 9 de febreiro de 2024 (ambos os dous incluídos).

Data das probas: 18 de abril de 2024.

Estas probas están destinadas a aquelas persoas que, carecen dos requisitos académicos para acceder directamente e teñan 19 anos ou os fagan no ano natural de celebración da proba, que queiran cursar un ciclo formativo de formación profesional. As probas de acceso acreditarán se a persoa posúe os coñecementos necesarios para cursar con aproveitamento as ensinanzas de formación profesional.

Ligazón a toda a información e á convocatoria 2024

Ligazón ao enlace Vía web

Calendario das probas

Exames anteriores FP Grao Medio

Exames anteriores FP Grao Superior

RETO CAMIÑO DOS FAROS 2023-2024 - IES URBANO LUGRÍS

Dende o departamento de Educación Física propoñémosvos un proxecto saudable baseado no patrimonio cultural e natural da Costa da Morte: O Camiño dos Faros

REUNIÓN INICIO DO CURSO 2023-2024 COAS FAMILIAS

REUNIÓN COAS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 1º E 2º CURSO DA ESO

Día: Mércores 27 de setembro de 2023 ás 19:00 horas

REUNIÓN COAS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 3º E 4º CURSO DA ESO

Día: Xoves 28 de setembro de 2023 ás 18:00 horas

 

As familias agardarán no hall da entrada do instituto, donde estarán os titores/as que os levarán ás aulas correspondentes.

VALE MATERIAL ESCOLAR 2023-2024

A partir do luns 4 de setembro de 2023 as persoas con dereito á axuda para a adquisición de material escolar para o curso 2023-2024 e que a solicitaran e se lles concedera poden pasar a recoller o vale correspondente en horario de 10 a 13 horas (ata o día 8 de setembro) e a partir do luns 11 de setembro en horario escolar.

Só se entregará o vale da axuda ao pai/nai ou titor/a legal do alumno/a.

 

INICIO CURSO 2023-2024

 

COMEZO DAS CLASES PARA TODO O ALUMNADO

Luns 11 de setembro de 2023

Horario: de 8:45 h a 14:10 h pola mañá e de 16:15 h a 17:55 h  pola tarde.

Haberá bus regular para o alumnado que o precise nas paradas habituais. Deberán traer o material necesario para o primeiro día (un caderno, un estoxo, merenda para o recreo se necesitan...)

 

BOLSAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

CONVOCATORIA BOLSAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

PARA O CURSO 2023 - 2024

PRAZO: Ata o 20 de setembro de 2023

DESTINATARIOS/AS: Alumnado que presente unha necesidade específica de recibir apoio educativo derivado dalgunhas das seguintes situacións, e para a cal acredite certificado:

  • Discapacidade
  • Trastorno grave da conduta ou da comunicación e da linguaxe
  • Trastorno do espectro autista
  • Altas capacidades

INFORMACIÓN: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html 

SOLICITUDE ONLINE: https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=1886 

FORMA DE PRESENTACIÓN: Cubrir a solicitude ONLINE a través da SEDE ELECTRÓNICA do Ministerio de Educación e Formación Profesional, para a cal debe rexistrarse:

  • Cubrir a solicitude, imprimir e asinar o PDF e presentar no centro educativo no Departamento de Orientación 

Como NOVIDADE todo o alumnado que teña as necesidades de apoio educativo recollidas na convocatoria, terán dereito a 400€ adicionais que poden solicitar como única axuda, sen ter en conta a renda familiar.

FONDO SOLIDARIO AXUDAS MATERIAL ESCOLAR

CONVOCATORIA AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

PARA O CURSO 2023 - 2024

PRAZO: ata o 21 de xuño de 2023

DESTINATARIOS/AS: Alumnado matriculado no curso 23-24 en Educación Primaria, Educación Secundaria ou Educación Especial

INFORMACIÓN: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ 

Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinados ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/2024

FORMA DE PRESENTACIÓN

  • Cubrindo manualmente o ANEXO I e ANEXO II e presentándoo no centro educativo, xunto cunha fotocopia do LIBRO DE FAMILIA onde aparezan todos os membros computables da unidade familiar, sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor, en caso de separación ou divorcio.
  • Cubrindo o ANEXO I e ANEXO II a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia co código de procedemento ED330B e presentándoo telemáticamente coa CHAVE 365, DNI electrónico, Certificado Dixital ...

DATOS DO CENTRO:

  • DENOMINACIÓN DO CENTRO: IES URBANO LUGRÍS
  • CONCELLO: MALPICA DE BERGANTIÑOS
  • CÓDIGO DO CENTRO: 15008301

 

Campamentos de verán. Xunta de Galicia

02/05/2023
03/05/2023
Europe/Madrid

Información sobre os campamentos de verán organizados pola Consellería de Política Social, Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia para a mocidade galega.

O prazo de solicitude remata  ás 23:59h do martes 2 de maio.

 Acceda a toda a información clicando no documento de aquí abaixo.

CALENDARIO MATERIAS PENDENTES 22-23

CALENDARIO MATERIAS PENDENTES CURSO 22-23

OS DÍAS 9 - 10 - 11 DE MAIO en horario de tarde

Non haberá buses

Calendario aquí

BOLSAS CURSO 2023-2024

Comeza o prazo para a solicitude de bolsas de estudo do curso 2023/2024.

PRAZOS:

27 de marzo ao 17 de maio de 2023

Lembramos que para solicitar as devanditas bolsas os trámites serán todos on-line, e debe rexistrarse o alumno/a solicitante:

Información: https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html.

Solicitude Bolsa: https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=1880 

 

Poderá ser beneficiario das distintas contías o alumnado que no ano académico 23/24 vaia cursar:

  • Bacharelato
  • Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados
  • Formación Profesional de grao medio e de grao superior
  • Ensinanzas artísticas: profesionais e superiores
  • Ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia
  • Ensinanzas deportivas
  • Estudos relixiosos superiores
  • Formación Profesional de Grao Básico

INSTRUCIÓNS AQUÍ

Excursión Sevilla 4º ESO

13/04/2023 10:16
17/04/2023 10:16
Europe/Madrid

RESERVA DE PRAZA: SOLICITUDES ADMITIDAS

15/02/2024 08:45
Europe/Madrid

Todas as solicitudes de reserva de praza presentadas polo noso alumnado para cursar bacharelato o próximo curso 2024-25 no IES Eduardo Pondal de Ponteceso foron admitidas.

O IES Urbano Lugrís conta tamén con vacantes suficientes para satisfacer a demanda de prazas do alumnado procedente dos centros adscritos de primaria para o curso 2024-25.

Distribuir contido


by Dr. Radut