PRÁCTICAS ERASMUS + 2017/2018
Rocío, Dervan e Carlos en Cracovia, Polonia. Daniel e Brais en Malow, Irlanda. Parece que xa superaron o período de adaptación e que están a aprender moitas cousas, tanto relacionadas co ciclo que estudaron coma da cultura do país no que están a facer a súa mobilidade. Aínda quedan prazas para o verán ou para setembro. Consultade co voso titor de 2º de Ciclos Superiores. |
“Poder facer prácticas nunha empresa internacional amplía as perspectivas do estudantado. Nesta empresa son especialistas no deseño e a montaxe de instalación de caldeiras de biomasa.” | “Estamos a traballar nesta casa. É unha instalación fotovoltaica conectada a rede. Polo que entendín un ano despois de inxectala enerxía a rede recupérase o 80%.” |
Carlos participa na formación de grupos xuvenís e do primeiro equipo e xa tivo a primeira reunión de adestradores da Academia Hutnik como adestrador. | |
Daniel atópase, entre outras cousas, modelando edificios en Revit para posteriormente deseñar as súas instalacións térmicas. | |
Brais, con Irish Style, “Deseñando un esquema para unha bomba de calor xeotérmica cun depósito de inercia acompañado de boa música irlandesa.” |