Skip to Content

Actividades

CHARLA SOBRE PROXECTOS DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA CON FÁTIMA SOUTO

O día 4 de novembro, o alumnado de 2º de Bacharelato tivo a sorte de asistir a unha charla impartida por Fátima Souto sobre diferentes proxectos de normalización lingüística que se están desenvolvendo nos diferentes ámbitos. A actividade foi organizada por Departamento de Lingua e Literatura Galega, o EDLG e a Biblioteca.

NURIA LÓPEZ: 1º PREMIO "MELLOR XORNALISTA XUVENIL DA VOZ DE GALICIA"

Un artigo de opinión sobre o nomeamento de Arabia Saudí para presidir o foro de igualdade da ONU, deulle a Nuria López González, alumna de 1º de bacharelato, o primeiro premio do concurso Mellor Xornalista Xuvenil de La Voz de Galicia.

O artigo titúlase “Arabia Saudita ó mando dos nosos dereitos: unha burla á igualdade” e pregúntase, tendo en conta ás  constantes violacións dos dereitos da muller que se producen neste país, se o motivo verdadeiro desta decisión non estará máis relacionado con intereses propagandísticos ca coa verdadeira igualdade de xénero. O premio (un ordenador portátil) entregarase o 14 de xuño no Multiúsos do Sar en Santiago de Compostela. Para máis información: prema aquí

 

 

AS PEGADAS DE ROSALÍA POR PADRÓN

O venres 11 de abril o departamento de Lingua Galega Literatura xunto coa Biblioteca realizamos co alumnado de 3º da ESO un roteiro rosaliano por Padrón guiado polo especialista na súa obra e historiador Manuel Baleirón. Percorremos os seguintes lugares: estatua de Rosalía (sita no Espolón), casa na Rúa do Sol, Casa Grande de Arretén, cemiterio de Adiana e Casa-Museo Rosalía en a Matanza.

VISITA DA ESCRITORA CARME VARELA

O día 18 de marzo visitou o noso Centro a escritora barcalesa Carme Varela. Falou ao alumnado de segundo de bacharelato da súa obra dramática Faise o escuro, peza gañadora da VI Edición dos Premios SELIC convocados polo concello de Santiago. A charla-coloquio foi organizada polo Departamento de Lingua Galega e Literatura en colaboración coa Biblioteca e o EDLG.

CHARLA DE NÚÑEZ SINGALA

O luns 15 de xaneiro tivemos o pracer de contar coa presenza do escritor Núñez Singala, que lles veu falar ao alumnado da obra Atranco no banco. A actividade estivo dirixida ao alumnado de 2º curso da ESO, grupos cos que estivemos a realizar a lectura dramatizada desta comedia. A actividade foi organizada polo departamento de Lingua Galega e Literatura coa colaboración da Biblioteca e o EDLG.

 

CHARLA: "OS NOMES DA NATUREZA"

O pasado 16 de abril o alumnado de 1º Bacharelato do IES Terra de Xallas participou nunha charla impartida por María López-Sández. A actividade foi organizada polo Departamento de Lingua Galega e Literatura e cofinanciada pola Biblioteca.

Distribuir contido


by Dr. Radut