Dende o Departamento de Lingua galega e literatura, a Biblioteca e o EDLG, para incentivar o galego edar a coñecer este modello de improvisación oral ao alumnado de 2º da ESO, organizamos un obradoiro de regueifas impartido por dúas figuras emerxentes da regueifa como son: O Rabelo e Lorena Medela.
Primeramente ensinóuselle ao alumnado a orixe das regueifas, as súas características, a súa evolución no tempoe a súa presenza ao longo de Galicia. Logo de coñeceren algunhas nocións métricas e de rima, elaboraron e cantaron unha copla onde estaba presente a capital xalleira:
Voa ao compás da regueifa
voa alto miña pomba
voa ao compás da regueifa
todo ritmo Santa Comba.
Todo ritmo Santa Comba
e pasa por un embudo
ninguén canta por aquí
todo o mundo quedou mudo.
Todo o mundo quedou mudo
porque pasou un camión
non lle freaba un freo
atropelou un peón.
Divididos por grupos, as rapazas e rapaces compuxeron coplas, houbo moita creatividade e diversión nas propostas buscando a rima e o ritmo e medindo os versos para facer as estrofas (ao redor das figuras de Papa Noel, O Apalpador e os Reis Magos).
Tres persoas benqueridas
veñen sempre no Nadal
cos seus bonitos camelos
de pelaxe natural.
Somos as baltasareñas
apoiamos aos Reis Magos
só estamos esperando
que nos traian agasallos.
Pasaron unha xornada divertida compoñendo e regueifando nunha actividade formativa que pechou un trimestre intenso, achegándose a tradición e traballando valores como a cooperación e solidariedade:
Un crime xenófobo
en Israel hai exclusión
miña querida Palestina
eu estou ao teu carón