You are hereInformación Concursos

Información Concursos


Información sobre concursos en distintos ámbitos

Xurado de mozas e mozos para o 18º Festival de Cinema e Dereitos Humanos de San Sebastián

Xurado de mozas e mozos para o 18º Festival de Cinema e Dereitos Humanos de San Sebastián

O Concello de San Sebastián e Donostia  Kultura buscan a 150 mozos e mozas de entre 18 e 30 anos para formar o Xurado Novo que elixirá o mellor curto do Concurso Internacional de Curtametraxes do 18º Festival de Cinema e Dereitos Humanos de San Sebastián, que este ano se celebra entre o 23 e o 30 de abril.

Consumópolis 15

Consumópolis 15

A Consellería de Educación e o Instittuo Galego de Consumo e da Competencia convoca a fase autonómica do concurso sobre consumo responsable e calidade de vida "Consumópolis 15.  Os teus actos de consumo poden cambiar o mundo, como o farías ti?"

Lingua de namorar 2020

Lingua de namorar 2020

Lingua de namorar é un concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos.

Adiccións: O teu punto de mira

Adiccións: O teu punto de mira

A Asociación PDS, Promoción e Desenvolvemento Social no marco do Programa “O teu Punto” de prevención de riscos derivados do consumo de drogas e outras condutas aditivas entre estudantes convoca o 9º Concurso de clipmetraxes de prevención de riscos derivados do consumo de drogas e outras condutas: ADICCIÓNS: O teu PUNTO DE MIRA.

Microrelatos

Microrelatos

A Asociación Puntogal e A Real Academia Galega organizan conxuntamente un concurso de microrrelatos que ten como obxectivo reforzar a presenza da lingua e da identidade propias no mundo dixital.

I Premio de Novela da Galicia Rural

I Premio de Novela da Galicia Rural

o Concello de San Xoán de Río, co apoio e patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e a colaboración da Editorial Galaxia, convoca o «I Premio de Novela da Galicia Rural» para o ano 2020.

E ti, que?

E ti, que?

O concurso "E ti, que?" está organizado pola Fundación de Axuda contra a Drogadicción (FAD) dirixido a  mozos e mozas de toda España. Poderán presentarse ao concurso, traballos realizados por mozos/as ou grupos de mozos/as sen un mínimo de compoñentes, pertencentes a centros educativos ou asociacións xuvenís.

Jugendfotowettbewerb 2020

Baixo o título "Encadres bizarros, humor en fotografía" o Fotoclub Darmstadt organiza este concurso dirixido a mozos e mozas menores de 21 anos de calquera lugar do mundo.  

Como se poden capturar escenas divertidas, humorísticas ou ironía de fondo na foto?

I Concurso de Poesía Filomena Dato do Concello de Bergondo

I Concurso de Poesía Filomena Dato do Concello de Bergondo

O Concello de Bergondo convoca a primeira edición do Premio de Poesía Filomena Dato Concello de Bergondo.

Poderán optar ao premio todas as autoras e autores maiores de idade, de calquera nacionalidade, sempre que o orixinal que presenten estea escrito en lingua galega.

Premios Virxe do Carme para 2020

Premios Virxe do Carme para 2020

A Armada convoca os premios Virxe do Carme para 2020

A Armada española, coa finalidade de fomentar na mocidade as vocacións polos oficios e profesións navais e difundir a cultura naval en todo o ámbito nacional, convoca os premios "Virxe do Carmen", correspondentes ao ano 2020, nas seguintes modalidades: Libros, MocidadeMozo/a investigador/a,  Pintura e Fotografía.