You are hereI Concurso de Poesía Filomena Dato do Concello de Bergondo
I Concurso de Poesía Filomena Dato do Concello de Bergondo
O Concello de Bergondo convoca a primeira edición do Premio de Poesía Filomena Dato Concello de Bergondo.
Poderán optar ao premio todas as autoras e autores maiores de idade, de calquera nacionalidade, sempre que o orixinal que presenten estea escrito en lingua galega.
Premio: 2.000 €
Os traballos cunha extensión mínima de 500 versos, serán orixinais, inéditos e non premiados noutros concursos no momento das deliberacións do xurado. As autoras e autores responsabilízanse de lle comunicar á organización, dun xeito inmediato, a concesión doutros premios acadados a partir da remisión dos orixinais.
Os traballos presentaranse por cuadriplicado, mecanografados con dobre espazo por unha soa cara, debidamente grampados ou encadernados, e paxinación numerada. Cada copia dos traballos presentarase cunha capa na que figure o título da obra e o lema ou alcume da autora ou autor, coincidindo no exterior co sobre pechado que debe acompañar á obra. A plica conterá no interior o nome e apelidos da autora/autor, número do DNI, enderezo, número de teléfono, correo electrónico e un breve currículo que incida na súa traxectoria literaria se a houbese.
As obras presentaranse na Casa da Cultura do Concello de Bergondo (oficinas administrativas) Estrada Coruña 12, 15165 Bergondo (A Coruña).
O prazo de admisión de orixinais estará aberto ata o 1 de abril de 2020.
http://bergondo.gal/noticias/noticia/articulo/i-premio-de-poesia-filomena-dato/