You are hereInformación Concursos
Información Concursos
XV edición do Premio Novos Máshumano
A Fundación Máshumano convoca a XV edición do Premio Novos Máshumano, unha iniciativa que pretende fomentar e apoiar o talento socialmente responsable nas persoas mozas.
Concurso creativo de postais "Comparte a túa arte"
Con motivo do Día de Europa, que é o 9 de maio, Kaebnai convoca a un concurso creativo de postais.
Podes participar ata o 6 de maio, podes enviar unha foto da túa creación a JPG por correo electrónico europedirect@kaebnai.net
Inspiraciencia
O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) convoca a décima edición do certame de relatos "Inspiraciencia", co obxectivo de convidar á cidadanía para pensar e imaxinar a ciencia desde a ficción literaria.
Nortear, concurso de relatos
O premio literario Nortear, Novos Escritores Norte de Portugal - Galicia é unha iniciativa conxunta da Direção Regional de Cultura do Norte (Portugal), da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia - Norte de Portugal.
X Concurso Europeo de Marcapáxinas Ricardo Carvalho Calero
O IES San Clemente organiza o X Concurso Europeo de Marcapáxinas Ricardo Carvalho Calero
Poderá participar o alumnado de todos os centros europeos por medio do proxecto eTwinning Letras Galegas 2020 – Ricardo Carvalho Calero.
Bandas emerxentes
Os Estudios Mans da coruñesa Fundación Paideia manteñen aberta a convocatoria do seu certame de bandas emerxentes Sonidos Mans polo cal bandas que están a comezar poden actuar en festivais recoñecidos e gravar un tema e un vídeo de xeito profesional.
Festival de vídeo Plural + Mocidade
PLURAL + Youth Vídeo Festival é un festival de vídeo xuvenil que alenta e capacita á mocidade global para explorar os problemas sociais apremiantes da migración, a diversidade, a inclusión social e a prevención da xenofobia e para compartir a súa visión creativa co mundo.
Premios Youtubeir@s 2020
Os premios Youtubeir@s teñen como finalidade animar a creación de vídeos con temáticas e formatos diversos e sumar visibilidade á produción en galego e á comunidade youtubeira.
Poden optar a estes premios todas as persoas maiores de 14 anos con vídeos autoproducidos subidos a Youtube. Pódese participar cun vídeo, con varios vídeos e/ou cunha canle.
Concurso “Crea na casa”
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia convoca o concurso “Crea na casa” que se desenvolverá a través da rede social Instagram.
Destinatarias/os: persoas residentes en Galicia con idades comprendidas entre os 16 e 30 anos e seguidores de @Xuventudegalicia
Datas de realización: do 13 ao 27 de abril de 2020
Obradoiro de novela Cidade da Cultura 2020. Xacobeo 21
O obradoiro estrutúrase en dúas partes, unha teórica e outra práctica. A parte teórica consistirá en 9 clases maxistrais que terán lugar os venres entre o 6 de marzo e o 22 de maio de 17:00 a 19:30 horas na Biblioteca e Arquivo de Galicia.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »