PREME SOBRE A IMAXE PARA VER AS BASES
Información na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
Preme na imaxe para ver ampliado o cadro de vacantes ofertadas polo noso centro para o vindeiro curso 2024-2025
NORMATIVA REGULADORA DO PROCESO DE ADMISIÓN
➢ DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
➢ ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 (código de procedemento ED550A e ED550B)
➢ ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.
➢ ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Todo o alumnado incluído no ámbito desta orde poderá presentar solicitude de admisión, pedindo ata seis (6) centros por orde de preferencia, e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude de admisión dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar.
1. O alumnado só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar pedindo ata seis (6) centros por orde de preferencia, e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude de admisión dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar.. A infracción desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
2. O alumnado que ten garantía de permanencia neste centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, a este centro de orixe.
3. O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
Coa publicación do protocolo de uso dos móbiles nos centros educativos (Orde de 4 de xaneiro de 2024 ), establécese que “A formación desempeña un papel fundamental para fortalecer o uso responsable dos teléfonos móbiles e de dispositivos electrónicos por parte do alumnado “ e con este obxectivo de implicar e informar ás familias, unha parte vital das nosas comunidades educativas, compartimos convosco uns recursos de AEPD e INCIBE( Instituto Nacional de Ciberseguridad de España) , traducidas ó galego aproveitando as súas licenzas abertas.
Recursos para as familias: (premede sobre as imaxes para amplialas)
GUÍA DO MÓBIL PARA AS FAMILIAS |
|
RESPONSABLIDIADE DOS E DAS MENORES EN INTERNET |
Os venres 14 e 28 de abril e o 19 de maio terán lugar no Pazo Emilia Pardo Bazán e n o CEIP Plurilingue Cruceiro unhas charlas divulgativas organizadas polo centro de formación e recursos de Pontevedra en colaboración co concello de Sanxenxo e a Federación de ANPAS O Con de Sanxenxo. Todas as charlas comezarán ás 20:00 horas. Tendes máis información sobre a temática na seguinte imaxe:
Xa temos a programación da semana cultural do noso centro, para poder ver todas as actividades e horarios preme sobre a imaxe:
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |