O centro de formación e recursos de Pontevedra en colaboración co IES SANXENXO ten programada charla para familias relacionada co seguinte tema:
“Familias: sobreprotexer é desprotexer”
Eva Millet aborda os efectos na infancia e na xuventude da “hiperpaternidade”, un fenómeno que vai da sobreprotección ao control excesivo, tanto na casa como na aula, desautoriza aos profesores e invade o espazo dos nenos na escola.
Recordamos que o Concello de Sanxenxo, coa finalidade de facilitar a todos os pais e nais a asistencia a estas xornadas, ofrece, previa inscrición no teléfono 986 727 936, servizo de ludoteca para nenos/as de 3 a 12 anos.
Ditas charlas terán lugar no Pazo Emilia Pardo Bazán na data que aparece na imaxe